San Miguel de Lores é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Meaño. Ten oito entidades de poboación, e unha superficie de 3,25 km².

Segundo datos do IGE, tiña 597 habitantes no ano 2025, dos que 311 eran mulleres e 286 homes, o que representa un descenso respecto ós anos 2016, cando tiña 630 veciños, e 2010, cando eran 629.

O 21 de marzo celébrase a soada Romaría de San Benitiño de Lores ou San Benitiño de inverno. Nesta festa quéntase na igrexa unha lámpada de aceite e os fieis mollan nel os seus panos, cos que logo refregan as súas feridas ou manchas na pel, coa esperanza de que curen con este aceite bendito. O 11 de xullo tamén celebran festa, no chamado San Benitiño de verán.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Lores

Parroquias de Meaño

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Meaño

Categoría:Parroquias de Meaño Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel