O death metal melódico é un estilo que presenta características inspiradas na New Wave of British Heavy Metal, en particular os rápidos riffs e liñas harmónicas de guitarra, pero incorporando os elementos máis habituais do death metal como a distorsión de guitarras, rápidos padróns rítmicos de batería e en ocasións ritmos blast beat. O estilo vocal deste xénero combina as voces limpas, os gritos e as voces guturais.
Historia
Orixes miniatura|250x250px|At the Gates Gran parte da súa orixe e popularidade atribúese a grupos como At the Gates, In Flames e Dark Tranquillity, que definiron o xénero cos seus lanzamentos de mediados dos anos 1990 (concretamente cos álbums Slaughter of the Soul, The Jester Race, e The Gallery, respectivamente) sentando as bases da escena musical do metal de Gotemburgo. O escritor Gary Sharpe-Young denominou a esta escena "a salvación comercial do death metal": "Gotemburgo converteuse na nova Tampa e o xénero recibiu unha nova vida". Outro dos pioneiros foi o grupo británico Carcass, clasificado dentro do grindcore nos seus primeiros discos pero que evolucionou cara o death metal cun estilo cada vez máis melódico nos álbums Necroticism – Descanting the Insalubrious de 1991 e Heartwork de 1993. O álbum de Death de 1995 Symbolic tamén se considera influente na evolución da escena. Ceremonial Oath e Eucharist atópanse tamén entre as primeiras bandas de death metal melódico; con todo, nunca gañaron moita atención fóra da súa propia escena.Ekeroth, Daniel. Swedish Death Metal
The Jester Race de In Flames death metal con riffs de guitarra moi influenciados por bandas como Iron Maiden e Judas Priest. O son do álbum contrastaba fortemente co death metal tradicional, e fixo ao death metal sueco accesible a un público máis amplo en comparación con outros álbums de death metal pioneiros dun novo son, como o death 'n' roll do Wolverine Blues de Entombed. Slaughter of the Soul de At the Gates influenciou a moitas bandas estadounidenses, especialmente a grupos de metalcore que usaron riffs de guitarra e voces emulando a música de At the Gates. AllMusic tamén destacou que as voces eran máis descifrables que outras voces de death metal, parecidas a berros agudos que presaxiaban as bandas de screamo estadounidenses dos anos 2000. O álbum fixo medrar a popularidade underground de At the Gates, aparecendo con regularidade no programa da MTV Headbanger's Ball, recibindo unha nomeación aos Grammy suecos e conseguindo para a banda xiras nos Estados Unidos con Morbid Angel e Napalm Death.
Expansión miniatura|249x249px|Children of Bodom A finais dos anos 90 e principios dos 2000 o death metal melódico expandiuse rapidamente xurdindo moitas novas bandas, como Amon Amarth, The Black Dahlia Murder, Arch Enemy, Soilwork, Insomnium, e Children of Bodom. Ademais, outros xéneros comezarían a usar o death metal melódico como influencia, incluídos o metalcore melódicoGiffin, Brian (2015). Encyclopaedia of Australian Heavy Metal. Australia: DarkStar. ISBN 9780994320612 e o black/death melódico. Stewart Mason afirma que o metalcore melódico fíxose moi popular nos Estados Unidos usando o termo "Swedecore" para describir o estilo escandinavo tocado por bandas de fóra dos países nórdicos. Moitas bandas de death metal melódico e metalcore (especialmente despois de que Killswitch Engage gañase popularidade) estiveron moi influenciadas por Slaughter of the Soul de At the Gates. Moitos grupos de heavy metal de mediados da década de 2000, pola súa banda, foron etiquetadas como "At the Gates worship" (adoración de At the Gates).
Popularidade e aparición do metalcore melódico Nos anos 2000 o death metal melódico fíxose popular entre os fans do heavy metal. En 2002 o álbum de In Flames Reroute to Remain acadou o número 10 da lista Top Heatseekers. O disco, que mantiña o son do death metal melódico da banda, amosaba unha mestura diversa de distintos xéneros musicais, incluíndo ocasionalmente sintetizadores de electrónica e hip hop e ocasionalmente unha forma limpa de cantar. Grazas a iso a banda gañou novos fans ao tempo que alienou aos seguidores dos seus primeiros traballos. Os seguintes dous álbums do grupo, Soundtrack to Your Escape (2004) e Come Clarity (2006), chegaron respectivamente aos postos 145 e 58 da lista Billboard 200, e deulle a In Flames un premio Grammi sueco.
The Black Dahlia Murder, Arch Enemy, Children of Bodom, e Amon Amarth tamén entraron na Billboard 200 durante a década dos 2000. A mediados-finais da década, o metalcore melódico converteuse nun dos xéneros máis populares do heavy metal, con bandas como Killswitch Engage, Unearth, Bullet for My Valentine, All That Remains, Shadows Fall e Atreyu colleitando éxitos, encabezando grandes festivais e vendendo milleiros de discos. O metalcore melódico combinaba elementos do death metal melódico como riffs de guitarra melódicos e berros con elementos do estilo orixinal do metalcore como as rupturas. At the Gates e In Flames foron unhas grandes influencias para estas bandas. Killswitch Engage adoita acreditarse como a banda que introduciu o metalcore melódico ao mainstream entre os fans do heavy metal. Algunhas bandas de deathcore durante este período, como Through the Eyes of the Dead e Bring Me the Horizon, combinaron o deathcore co death metal melódico.
Notas
Categoría:Subxéneros do heavy metal