San Lourenzo de Vilatuxe é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2023 tiña 439 habitantes (210 mulleres e 219 homes), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 796 habitantes.
Servizos Na parroquia sitúase o CEIP Vicente Arias de la Maza. Hai tamén un auditorio, onde teñen lugar os ensaios da Banda de música de Vilatuxe.
Historia Vilatuxe estaba na ruta do camiño dos arrieiros que se dirixían a Santiago procedentes do Ribeiro, por iso a súa economía estaba baseada nos mercados, nas pousadas e na fabricación queixos e manteigas.
Houbo unha importante feira, a feira dos Carballiños, que desapareceu nos anos corenta. En 2010 retomouse esta feira celebrándose anualmente o segundo domingo de maio, recuperáronse antigas tradicións e hai mercado de artesáns e feira ao xeito tradicional.
Patrimonio O castro de Vilatuxe está conformado por un único recinto de forma ovalada. O seu eixo maior ten unha disposición NL-SO e mide 125 m, no seu perímetro interior e 160 m no exterior. No seu eixo menor mide 100 m no interior e 130 no exterior. O sistema defensivo está conformado por un parapeto duns 3 m ou 4 m de ancho que bordea todo o perímetro e que ten unha caída bastante pronunciada cara ao interior do recinto duns 3 m. O parapeto parece feito de terra; con todo, nalgún punto que puido ser inspeccionado pola ausencia de vexetación, parece presentar pedra tamén, e incluso non se pode descartar a existencia dunha estrutura muraria asociada a el, tendo en conta a disposición dalgunhas desas pedras.Ficha arqueolóxica do castro de Vilatuxe .
A igrexa, construída a finais do século XIX, ten unha torre barroca. Na arquitectura local destacan un raro exemplar de hórreo de esquina e as casas grandes de Outeiro e Pita, que conservan elementos do seu pasado fidalgo.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Vilatuxe
Parroquias de Lalín
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares de Lalín
Ligazóns externas Vilatuxe na web do concello de Lalín Web da Asociación de Veciños de Vilatuxe
Categoría:Parroquias de Lalín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Lourenzo