800beloved é unha banda estadounidense de post-punk formada na pequena poboación de Milford, moi preto de Detroit (Míchigan) no ano 2005. Está formada principalmente por Sean Lynch, multi-instrumentista e cantante, quen en cada traballo acada a colaboración doutros músicos que eventualmente intégrana. Actualmente figuran nela ademais de Lynch (guitarra eléctrica e voz), Anastasiya Metesheva (baixo) e Ben Collins (batería).

Historia 800beloved está liderado polo seu letrista e cantante Sean Lynch, que traballa como cosmetólogo e asistente na funeraria do seu pai, Thomas Lynch, á súa vez recoñecido poeta e ensaísta800beloved , artigo do 2009 de Dr. Detroit, en Motorcityrocks.com .. Moi novo, Lynch publicou en 2001 un traballo titulado 88 Tracks to Take, que serviría de ensaio para a futura formación 800beloved. Ademais, produciu no 2008 o EP The Equine Lips do dúo de Detroit Silverghost no estudio da súa propia casaSilverghost , en Detroitunderground.com ..

O nome do grupo procede do prefixo de números de chamadas gratuítas no seu país, os 1-800. Refírese á fusión do interese na fraxilidade da cultura popular (representado pola partícula 800) co emprego lírico que ás veces, inxenuamente e de xeito sombrío, se fai de temas máis sagrados (ao que alude o termo beloved, ou "amado").

O seu primeiro traballo, autoproducido, foi o sinxelo Tidal, que se presentou o 8 de decembro de 2007 con catro versións do mesmo temaTidal en Bandcamp .. Neste traballo contou coa colaboración de Anastasiya Metesheva (baixo), Scott Masson e Jon Elkas (guitarra eléctrica]). A propia Metesheva encargouse do deseño da portada.

En 2008 asinou un contrato co selo Moodgadget, e ao seguinte ano presentou no día dos namorados o seu álbum de debut, BouquetBouquet en Bandcamp ., no que levaba traballando desde o 2005. Contou con once temas nos que colaboraron en diferentes cancións os músicos Anastasiya Metesheva (baixo), Selena Sunday (coros) e Jon Elkas (guitarra eléctrica), tendo a axuda do anxelino Adam E. Hunt na produción e de Tim Pak na masterización.

Dous anos despois, publicou o 23 de febreiro de 2010 de xeito gratuíto na rede o sinxelo instrumental If Butterflies Never Burned - Stomach MixIf Butterflies Never Burned - Stomach Mix (sinxelo) en Bandcamp .. Este tema incluíuse no seu segundo álbum que baixo o título Everything PurpleEverything Purple en Bandcamp . presentouse o 18 de setembro, cun total de nove temas. Neste traballo colaboraron na música e nos arranxos de novo tanto Metesheva como Masson, quen tamén foi o co-produtor con Lynch. Tamén neste caso Hunt colaborou na mestura e masterización. Pouco despois, Lynch rompeu con MoodgadgetPLAYING DETROIT: 800beloved, artigo de Jerilyn Jordan en Audiofemme, do 2-9-2015 ..

O 9 de abril de 2014 presentouse o sinxelo Some Kind of DistortionSome Kind of Distortion (single) en Bandcamp ., tema principal do seu terceiro longa duración, que foi presentado o 3 de agosto de 2015 co homónimo título Some Kind of DistortionSome Kind of Distortion en Bandcamp ., e cun total de oito temas. Foi co-producido por Scott Masson e o propio Lynch.

Discografía Tidal - 2007 (sinxelo de 4 temas) Bouquet - 2009 (álbum de 11 temas) If Butterflies Never Burned - Stomach Mix (Instrumental) - 2010 (sinxelo dun tema) Everything Purple - 2010 (álbum de 9 temas) Some Kind of Distortion - 2014 (sinxelo dun tema) Some Kind of Distortion - 2015 (álbum de 8 temas)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía en Soundcloud de 800beloved PLAYING DETROIT: 800beloved, artigo de Jerilyn Jordan en Audiofemme'', do 2-9-2015

Categoría:Grupos musicais de post-punk revival Categoría:Grupos musicais de Detroit Categoría:Grupos musicais formados en 2005