Clifford Donald Simak, nado en Millville (Wisconsin) o 3 de agosto de 1904 e finado en Minneapolis o 25 de abril de 1988, foi un xornalista e escritor de ficción científica estadounidense.
Traxectoria Tras estudar na universidade de Wisconsin, trasladouse a Minneapolis (Minnesota), onde exerceu o xornalismo durante bastante tempo antes de converterse en escritor, traballando para diversos xornais do Medio Oeste , Min. En plena época pulp publicou o seu primeiro relato O mundo do sol vermello (1935). Non volvería publicar ata a Idade de Ouro, onde formou parte do chamado círculo de Campbell.
A el débense dúas das obras máis significativas do xénero: Cidade (1952), coa cal obtivo o International Fantasy Award; e Estación de tránsito (1963), coa que obtivo un Hugo á mellor novela en 1964.
A partir de mediados dos anos 60, influído pola nova onda, a súa obra sofre un progresivo declive. Non obstante, en 1976 recibiu o prestixioso galardón Gran Mestre da SFWA, premio en recoñecemento ao labor de toda unha vida dedicada á ficción científica. Faleceu con 84 anos.
Características da súa obra Simak escribiu ficción científica sociolóxica, pero tamén suscitou nas súas obras os problemas do tempo, da técnica e do futuro.
Nalgunhas das súas obras, Simak resucita dragóns, pantasmas, gnomos e fadas en universos onde loitan terrestres e extraterrestres.
Obra Cosmic engineers (1939) Hobbies (1946) Time and again, (1951) Cidade (City, 1952) Ring around the sun, (1953) Time is the simplest thing, (1961) Estación de tránsito (Way station, 1963) All flesh is grass, (1965) Why call them back from heaven?, (1967) Our children's children, (1973) Shakespeare's planet, (1976) A heritage of stars, (1977) Highway of eternity, (1986)
Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de ficción científica Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1904 Categoría:Nados en Wisconsin Categoría:Finados en 1988