O Espírito Santo de Camelle é unha parroquia do concello de Camariñas. Segundo o IGE en 2018 tiña 1106 habitantes (521 homes e 585 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1613 habitantes.
Xeografía Está situada na beira do océano Atlántico, en plena Costa da Morte. Camelle está construído dentro dunha enseada, en mar aberto, cunha praia ao fondo. A parroquia da vila, que venera o Divino Espírito Santo, posúe a campá do City of Agra, naufragado en Arou.
Ten seis entidades de poboación: Arou, Camelle, Camelle de Riba, Lazo, Lobeiras e A Lagoa.
Por esta parroquia pasa a 5ª etapa da ruta de sendeirismo do Camiño dos Faros.
Historia Hai un petróglifo no monte de Can Ladrón.
Durante as invasións normandas dos viquingos, os habitantes de Camelle refuxiáronse no agocho do Alto da Gurita. Segundo a tradición oral, agocháronse entre as árbores pintados con barro e prepararon unha emboscada ós viquingos na zona da Señora, preto da vila, con vitoria local..
A finais da idade media creouse un dos primeiros peiraos galegos adicados á pesca da balea, xunto cos de Malpica e Caión. Foi fundado por baleeiros vascos, e destacaron na pesca os capitáns García de Olaso e Sarrondo, naturais de Zarautz (Guipúscoa) e Clemente del Campo, de Luanco (Asturias). No monte de Can Ladrón construíuse un posto de vixilancia, posiblemente do século XVI.
Na localidade de Camelle viviu e desenvolveu a súa obra o artista alemán Manfred Gnädinger, máis coñecido como Man, o Alemán de Camelle.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares e barrios de Camelle
Parroquias de Camariñas
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Camariñas
Categoría:Parroquias de Camariñas Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación do Espírito Santo Categoría:Camiño dos Faros