Santiago de Cercio é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 246 habitantes (126 mulleres e 120 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 285 habitantes.
Nesta parroquia fundouse a Banda de música de Mato.
Patrimonio alt=Cercio (Lalín). |miniatura|CEIP Plurilingüe Varela Buxán de Cercio (Lalín) Cercio conserva unha igrexa construída no ano 1700 e un cruceiro levantado en 1908. No chamado Coto das Covas consérvase a entrada dunha escavación subterránea, da que se di que os romanos extraeron ferro, estaño e volframio, aínda que semella máis unha simple cala de prospección.
Servizos En Cercio hai un colexio público, o CEIP Plurilingüe Varela Buxán. Leva o nome do escritor e director teatral Manuel Daniel Varela Buxán, nado en Lamas (A Estrada) o 2 de marzo de 1909 e finado en Cercio (Lalín) o 25 de setembro de 1986.
Na parroquia tamén se encontra unha Sociedade cooperativa, Cobideza.Sociedad Cooperativa de la Bisbarra del Deza Foi fundada no ano 1994, aínda que xa funcionaba como unha agrupación de gandeiros a finais dos anos 80. Na actualidade a sociedade ten 250 socios (155 deles produtores de leite) dos concellos de Lalín, Agolada, Vila de Cruces e Silleda. Ofrece os servizos de comercialización de leite cru, maquinaria, veterinarios, servizo agronómico, servizo de alimentación, servizo de substitución, servizo farmacéutico e tramitación de seguros agrogandeiros.
A Carballeira de Cercio é un grupo de baile e música tradicional denominado creado en 1997 por Juan Morandeira. Ten uns 30 compoñentes de diferentes idades que actúan en festivais de folclore, tanto en Galicia coma en diferentes lugares da Península.
Festas O 14 e o 15 de setembro celebra as súas festas patronais, en honor á Virxe dos Milagres.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Cercio
Parroquias de Lalín
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lalín Ligazóns externas Cercio na web do concello de Lalín
Categoría:Parroquias de Lalín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior