Sorex é un xénero de mamíferos soricomorfos da familia dos sorícidos, subfamilia dos soricinos,Sorex en MSW o único actual da tribo dos soricininos (Soricini).Soricini en MSW.

O xénero inclúe moitas das musarañas máis comúns de Eurasia e Norteamérica (rexión Holoártica). As que viven en Galicia coñécense como furafollas.SGHN (1995), pp. 194-197.Díaz d'a Silva, J. I. e Cartelle, Y. (2007), pp. 34-37.

Características As especies de Sorex son pequenos animais (de 4 a 18 cm de lonxitude) de aparencia que recorda á dos ratos, pero co fociño moito máis longo, afiado e móbil. A súa boca ten 32 dentes. As orellas son pequenas e, a miúdo, non son visíbeis, xa que quedan ocultas pola pelaxe. Presentan glándulas odoríferas situadas nos flancos do corpo. Como a súa vista é xeralmente pobre, empregan a audición e o olfacto para localizaren ás súas presas, principalmente insectos; algunhas tamén utilizan a ecolocación.

Taxonomía A tribo foi descrita en 1814 polo zoólogo e paleontólogo saxón, nacionalizado ruso, Gotthelf Fischer von Waldheim, en Zoognosia tabulis synopticis illustrata, in usum prälectionum Academiae Imperialis Medico-Chirurgicae Mosquentis edita, 3: x.

En canto ao xénero Sorex, o tipo da tribo, a subfamilia e a familia, fora descrito por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae. Linneo tomou o nome do latín sōrex, -icis, "rato", e tamén "musaraña".

Clasificación Segundo MSW, na actualidade recoñécense no xénero as seguintes especies:

Xénero Sorex

Subxénero incertae sedis S. arizonae S. emarginatus S. merriami S. minutissimus S. planiceps S. saussurei S. sclateri S. stizodon S. thibetanus S. trowbridgii S. ventralis S. veraecrucis Subxénero Sorex S. alpinus S. antinorii S. araneus S. arcticus S. arunchi S. asper S. averini S. bedfordiae S. buchariensis S. caecutiens S. cansulus S. coronatus S. cylindricauda S. daphaenodon S. excelsus S. gracillimus S. granarius S. hosonoi S. isodon S. kozlovi S. maritimensis S. minutus S. raddei S. roboratus S. samniticus S. satunini S. shinto S. sinalis S. tundrensis S. unguiculatus S. volnuchini S. yukonicus Subxénero Ognevia S. mirabilis Subxénero Otisorex S. alaskanus S. bairdi S. camtschatica S. cinereus S. dispar S. fumeus S. gaspensis S. haydeni S. hoyi S. jacksoni S. leucogaster S. longirostris S. lyelli S. macrodon S. milleri S. monticolus S. nanus S. neomexicanus S. oreopolus S. orizabae S. ornatus S. pacificus S. palustris S. portenkoi S. preblei S. pribilofensis S. sonomae S. tenellus S. ugyunak S. vagrans S. veraepacis

En Galicia En Galicia están rexistradas tres especies do xénero: Sorex coronatus - furafollas grande Sorex granarius - furafollas ibérico Sorex minutus - furafollas pequeno

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Díaz d'a Silva, J. I. e Cartelle, Y. (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96893-20-7. McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals: Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. SGHN (1995): Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo I. Peixes, Anfibios, Réptiles e Mamíferos. Santiago de Compostela: Sociedade Galega de Historia Natural / Consello da Cultura Galega. ISBN 84-87172-89-X. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Soricomorfos Sorícidos Soricinos

Ligazóns externas

Categoría:Sorícidos Categoría:Taxons descritos por Linné