Santa Baia das Donas é unha parroquia que se localiza no concello de Gondomar na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.318 habitantes (666 mulleres e 652 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.181 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación ascendera ata os 1.469 habitantes, sendo 741 homes e 728 mulleres.

Patrimonio Chan do Cereixo é un xacemento arqueolóxico do Plistoceno Medio. Forma parte do conxunto de achados paleolíticos pertencentes á primeiras poboacións de homínidos en territorios da actual Galicia, cunha antigüidade estimada entre os 300 e 250 mil anos. Ocupa aproximadamente 130 ha situado a 340 msnm no Alto dos Valados. Situado entre as concas do río Miño e do río Miñor, foi ocupado temporalmente e en diversas ocasións por diferentes comunidades de humanos ao longo de centos de miles de anos. Nas diversas campañas arqueolóxicas atopáronse ferramentas paleolíticas, un posible poboamento neolítico, unha pequena estación de arte rupestre, restos do período Calcolítico e da Idade do Bronce, así como vestixios da época de romanización.

Nesta parroquia estaba o mosteiro de Santa Baia das Donas, convento feminino da orde de San Bieito, construído con autorización de Afonso VII grazas á doazón das terras feita en 1149 por Áurea Bellida. Do mosteiro consérvase a igrexa parroquial.

División eclesiástica Eclesiasticamente, pertence ao arciprestado de Miñor. O lugar de San Cibrán constitúe un anexo desta parroquia.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Santa Baia das Donas

Parroquias de Gondomar

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Gondomar Ligazóns externas Santa Baia das Donas na páxina da Diocese de Tui-Vigo.

Categoría:Parroquias de Gondomar Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Baia