miniatura|Jean Shrimpton en 1965. miniatura|Reportaxe de ABC noticias sobre a visita de Jean Shrimpton á Copa de Melbourne, 1965.
Jean Rosemary Shrimpton, nada en High Wycombe (Buckinghamshire) o 6 de novembro de 1942, é unha modelo e actriz inglesa. Foi unha icona do Swinging London e é considerada como unha das primeiras supermodelos do mundo.Magee, Antonia (18 de outubro de 2009).
Apareceu nas portadas de numerosas revistas como Vogue, Harper Bazar, Vanity Fair, Glamour, Elle, Ladie's Home Journal, Newsweek ou Time. En 2012, Shrimpton foi nomeada por Time como unha das 100 iconas máis influentes de toda a historia. En 1967 protagonizou xunto a Paul Jones o filme Privilege.
Traxectoria Jean Shrimpton medrou nunha granxa e foi educada no colexio católico de St. Bernard's Convent. Posteriormente, matriculouse no Langham Secretarial College aos dezasete anos. Unha entrevista co director Cy Endfield levouna a unha reunión fracasada co produtor do seu filme Mysterious Island; Endfield entón suxeriu que Jean asistise ó curso de modelaxe da Lucie Clayton Charm Academy. En 1960, á idade de 17 anos, comezou a traballar de modelo, aparecendo nas portadas de revistas populares como Vogue, Harper's Bazaar ou Vanity Fair.
A carreira de Shrimpton comezou a gañar prominencia debido ó seu traballo co fotógrafo David Bailey. Coñecéronse en 1960 nunha sesión fotográfica na que Shrimpton, quen por aquel entón era unha modelo descoñecida, estaba traballando co fotógrafo Brian Duffy para un anuncio de Kellog's. Duffy díxolle que ela era demasiado remirada para el, mais Bailey nin se inmutou.
A primeira sesión fotográfica de Shrimpton con Bailey foi en 1960 (a cal serviría tanto para Condé Nast Brides o 7 de decembro de 1960 como para o Vogue británico). Comezou a facerse coñecida no mundo da moda no tempo no que ela estaba a traballar con Bailey.. Shrimpton declarou que lle debe a súa carreira a Bailey, e el é citado a miúdo como o seu descubridor."Jean Shrimpton, the Famed Face of the '60s, Sits Before Her Svengali's Camera One More Time" . Do mesmo xeito, ela era a súa musa e as fotografías dela axudáronlle a Bailey a aumentar a fama nos seus primeiros anos de carreira.Jean Shrimpton in London of Sloane Street coat, 1964, by David Bailey Forbes.comLouth, Sean.NY JS DB 62 by David Bailey Steidlville.comDavid Bailey and Martin Harrison.
Durante a súa carreira, Shrimpton era amplamente mencionada como a "modelo mellor pagada do mundo" e "a modelo máis fotografada do planeta". Era considerada tamén como a "cara máis bonita do mundo" e "a rapariga máis fermosa do mundo". Foi bautizada como "The It Girl", "A Cara", "A Cara do Momento", e "A Cara dos sesenta". Glamour nomeouna como a súa "Modelo do ano" en xuño de 1963. Shrimpton contrastaba coas modelos de aire aristocrático dos anos 50 representando o aspecto do movemento youthquake do Swinging London dos 60, sendo incluso nomeada como o símbolo do mesmo movemento. Rompendo o popular molde de figuras voluptuosas coas súas longas pernas e delgada figura, foi alcumada "The Shrimp" (a Gamba). Jean Shrimpton tamén foi coñecida pola súa longa melena con floco, a súa maquillaxe de ollos con longas pestanas, as cellas arqueadas e polos seus beizos carnosos.Glossary: Season 1 The Advocate p. 38. 20 November 2001.
Shrimpton axudou tamén á fama da minisaia. En 1965, fixo dúas semanas de visita promocional a Australia, patrocinada polo Victoria Racing Club e por unha empresa de fibra sintética local que a contratou para promover unha gama de vestidos novos feitos de Orlon. Pagóuselle por isto 2000 ₤, o cal era unha suma enorme no tempo. Causou unha sensación en Melbourne cando chegou para o Derby de Victoria, xa que leva un vestido recto branco feito por Colin Rolfe o cal acababa 10 cm por riba dos seus xeonllos. Non levou ningún chapeu, medias ou luvas, e lucía un reloxo de home, o cal era infrecuente no tempo. Shrimpton non era consciente de que causaría tal reacción na comunidade de Melbourne e nos medios de comunicación.
No seu artigo "The Man in the Bill Blass Suit", Nora Ephron fala sobre o tempo no que Jean Shrimpton posou para un anuncio de Revlon cun vestido antigo branco de encaixe cun cinto de Chantilly deseñado por Blass. Minutos despois de que o anuncio fora posto nas drogarías, a central de Revlon recibiu numerosas chamadas de mulleres preguntando onde podían mercar o vestido.Artigo de Ephron reimpreso en Wallflower at the Orgy por Nora Ephron, 2007.
Shrimpton é alcumada como "Jeannie Shrimpton" na canción "Behind the Wall of Sleep" do grupo The Smithereens, no ano 1986.
Vida persoal Shrimpton e Bailey comezaron a saír pouco despois de comezar a traballar xuntos e posteriormente tiveron unha relación que durou catro anos, rematando en 1964. Durante o tempo que estiveron xuntos, Bailey aínda estaba casado coa súa primeira muller Rosemary Bramble, deixándoa tras nove meses e divorciándose despois para estar con Shrimpton.
Un dos idilios máis coñecidos de Shrimpton foi co actor Terence Stamp. Jean casou co fotógrafo Michael Cox en 1979 cando levaba catro meses grávida do seu fillo Thaddeus (nado en 1979).Lee-Potter, Lynda (14 de xullo de 2001). Xuntos posúen o Abbey Hotel en Penzance, Cornwall, agora xestionado por Thaddeus e a súa familia. A súa irmá máis nova Chrissie era tamén actriz, vinculada a Mick Jagger e Steve Marriott do grupo Small Faces.
O 26 de xaneiro de 2012 a historia da súa relación con David Bailey foi dramatizada nun filme da BBC, con Karen Gillan no papel de Shrimpton.
Notas
Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados en Buckinghamshire Categoría:Modelos femininas de Inglaterra