Fomento de Construciones y Contratas, S.A. (FCC) é un grupo empresarial español con sede en Barcelona, especializado en servizos cidadáns, que nace en marzo de 1992, froito da fusión das empresas: Construciones y Contratas, fundada en Madrid en 1944, e Fomento de Obras y Construciones, creada en Barcelona no ano 1900, cuxas accións empezaron a cotizar en Bolsa en decembro de 1900.
FCC é a matriz dun dos maiores grupos europeos de infraestrutura e servizos públicos, tanto por volume de cifra de negocios, como por rendibilidade. Aínda que era inicialmente unha empresa de construción, en 1911 iniciou a súa actividade no campo dos servizos públicos cun contrato de limpeza e mantemento da rede de rede de sumidoiros de Barcelona.
As súas actividades básicas son a xestión de servizos ambientais e auga, a construción de grandes infraestruturas, a produción de cemento, equipamentos urbanos e a xeración de enerxías renovables.
Ten presenza en 34 países de todo o mundo e máis do 44% da súa facturación provén dos mercados internacionais, principalmente Europa e os Estados Unidos. En xuño de 2013 adxudicóuselles un contrato para construír o Metro de Riad.
En outubro de 2013, Bill Gates entrou na compañía como accionista de referencia cun 5,7% debido ao posicionamento de FCC en sectores ligados ás súas visións de sostibilidade (Servizos Ambientais e Auga). Pouco despois, en decembro dese mesmo ano, o financeiro George Soros entrou no accionariado da compañía cun 3%. En decembro de 2014, FCC realizou unha ampliación de capital por importe de 1.000 millóns de euros , o que permitiu a incorporación do empresario Carlos Slim como accionista cun 25,6%.
FCC foi asociada a dous pagos ao Partido Popular en 2008 que ascenden a 165.000 euros, ano en que era o terceiro maior contratista de obras públicas de España e un dos seus dirixentes era José María Mayor Oreja, irmán do destacado dirixente do Partido Popular Jaime Mayor Oreja.Carreño, Belén; Requena Aguilar, Ana (2 de febrero de 2013).
Accionariado
Accionista Segundo última data de comunicación á CNMV. Dereitos de voto Control Empresarial de Capitales, S.A. de C.V. 25,6% Dominum Dirección y Gestión, S.A. 22,4% Capital Flotante (Accionistas relevantes: William H. Gates) 52% (5,7%)
Filiais Empresa Participación Cementos Portland Valderrivas 77,9%
Participacións Empresa Participación Realia 36,96% Globalvía Infraestruturas 50%
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina Web Oficial de FCC
Categoría:Empresas de España