O basilosauro (Basilosaurus, «réptil rei» en latín) é un xénero de cetáceos primitivos. Trátase da primeira gran balea en aparecer no rexistro fósil e é unha peza clave no estudo da evolución dos cetáceos. Os basilosauros apareceron no Eoceno superior, hai aproximadamente 45 millóns de anos. Tiñan unha gran difusión a nivel xeográfico, como demostra o feito de que se atoparon fósiles en lugares tan variados como Alabama, Luisiana, Exipto e habitaban as augas costeiras pouco profundas dos océanos do Eoceno.
Notas
Categoría:Fósiles descritos en 1834 Categoría:Cetáceos