San Miguel de Castro é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2022 tiña 254 habitantes (125 mulleres e 129 homes). Limita coas parroquias veciñas de Arnois e Oca, tamén limita con Santa Baia de Cira (Silleda). A parroquia posúe 13 núcleos de poboación.

Patrimonio Cruceiro do cemiterio Castro de San Miguel Miradoiro do Coto de Castro Igrexa de San Miguel de Castro, de orixe románica Cruceiro en Carballeira Muíños no regueiro do Castelo Muíños de Lagos Capela de nosa señora das Angustias Camiño Real (Vía da Prata) Hórrea de prado Ruta de Sendeirismo (PR-G 196) Serra da Bugalleira Fontes parroquiais

Igrexa parroquial É de orixe románica, xa que se sabe que estaba en pé antes do 1115. Daquela época consérvase a planta rectangular, o arco triunfal e a ábasida rectangular, na que se sabe que, debaixo de grosas capas de cal, se atopan pinturas románicas. Nesta igrexa exíste o culto a san Miguel (o patrón), san Roque e A Nosa señora do Perpetuo Socorrro. Ademais na igrexa existen tallas de santos como san Xosé ou á Inmaculada Concepción de María.

A igrexa atópase no lugar de San Miguel, que recibe o nome do patrón. O via crucis da igrexa está rodeado do vello cemiterio, máis tarde engadíronse outros dous.

Capela da Nosa Señora das Angustias dereita|miniatura|Capela da Nosa Señora das Angustias. Antigamente localizada no lugar da Alberguería, e chamada capela de Santiago, foi un albergue de peregrinos. Máis tarde transladouse ao lugar do Seixo onde está situada actualmente. Nela dáse culto a santo Alberte e A Nosa Señora das Angustias.

O couto de Castro No lugar de Castro érguese un monte de case 300 metros de altura onde antigamente estivo localizado un castro. Non se conservan restos, pero é un dos mellores miradoiros da comarca, coas vistas do Pico Sacro e do val do Ulla.

Muíños Esta parroquia está atravesada por cinco regueiros principais, os cales contan con numerosos muíños como o de Louzao ou o de Reimóndez.

O camiño Real Tamén chamado Vía da Prata, provén do suroeste do país e entra á parroquia polo lugar da Carballeira, atravesando os lugares de Prado, o Seixo, Castro, e saíndo por Gundián, que xa pertence á Ulla, para encamiñarse a cruzar o río Ulla.

Hórrea de prado Situada no lugar de Prado, atópase unha hórrea (unha das únicas da bisbarra).

Festas parroquiais 22 de abril (ou domingo seguinte): A Nosa Señora das Angustias, avogosa das mulleres en parto. 8 maio (ou domingo seguinte): Corpus Christi (Santísimo). Último domingo de maio: Inmaculada Concepción (As Flores) 25 de xullo: Festa do bolo preñado. 7 de agosto: Santo Alberte de Sicilia, avogoso da sorte do millo e da pataca. 29 de setembro: San Miguel (o patrón). 30 de setembro: San Roque. 1 de outubro: Virxe do Socorro

Orografía San Miguel de Castro está atravesada por unha cadea montañosa, derivada do Pico Sacro, con principais cumios o Couto de Castro (287 m), a 172 m unha pequena elevación onde a igrexa parroquial, e a serra da Bugalleira, con tres picos principais de 275, 268 e 273 metros de altitude. Tamén está no centro da parroquia, o monte maior con 317 m.

Centros sociais Os principais puntos de encontro que hai na parroquia están no lugar do Seixo, onde se atopa o campo da festa cun pequeno palco, e inmediata a antiga escola, e o teleclub, unha pista de petanca e un parque. Tamén existe un campo de fútbol. Así como a antiga casa reitoral onde a igrexa.

Lugares e parroquias Lugares de San Miguel de Castro

Parroquias da Estrada

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lugares da Estrada

Categoría:Parroquias da Estrada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel