Thylacinus é un xénero de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos dasiuromorfos, o tipo da extinta familia dos tilacínidos,Thylacinus en MSW.Thylacinus Temminck, 1824 no SIIT. que integraba varias especies de marsupiais carnívoros que viviron en épocas pasadas, dese o oligoceno, en Australia, e das que a única que chegou a vivir en épocas recentes, o lobo marsupial (T. cynocephalus), se extinguiu en 1936.Thylacinus cynocephalus na Lista vermella da UICN.
Etimoloxía O xénero foi descrito por primeira vez en 1824 polo naturalista neerlandés Coenraad Jacob Temminck, no volume 1 da súa obra Monographies de mammalogie, publicada en Paría e Leiden, por Dufour e d'Ocagne, en 1827.
O nome que lle deu ao xénero, Thylacinus, está formado pola palabra do grego antigo θύλακος thýlakos, "bolsa", "saco" (en alusión ao marsupio das súas femias), coa desinencia do latín científico -inus, "-ino".
Sinónimos
Ademais do nome que lle deu Temminck, o xénero coñeceuse ao longo da historia cos sinónimos: Lycaon Wagler, 1830 Paracyon Gray, 1843 Peralopex Gloger, 1841
Taxonomía Especies
Xénero Thylacinus Thylacinus cynocephalus Thylacinus macknessi Thylacinus megiriani Thylacinus potens Thylacinus rostralis Thylacinus yorkellus
Filoxenia A continuación preséntase un cladograma baseado na análise filoxenética sobre as relacións das especies de Thylacinus, estudadas por Yates.Yates, A. M. (2015): Thylacinus (Marsupialia: Thylacinidae) from the Mio-Pliocene boundary and the diversity of Late Neogene thylacinids in Australia" PeerJ, volume 3.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale. McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press. Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing. Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing. "Dasyuromorphia" en Wilson, D. E. & Reeder D. M. (editores) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
Marsupiais Australidelfos Dasiuromorfos Thylacinus cynocephalus
Ligazóns externas
Thylacinus cynocephalus na ADW. Thylacinus na EOL. A Natural History of the Tasmanian Tiger en The Tylacine Museum
Categoría:Marsupiais