miniatura|Sinatura. Duke Paoa Kahinu Mokoe Hulikohola Kahanamoku, nado o 24 de agosto de 1890 e finado o 22 de xaneiro de 1968, foi un nadador hawaiano que é coñecido por popularizar o deporte do surf. Foi medallista olímpico en cinco ocasións na disciplina de natación. Tamén foi actor, avogado, xogador de volei praia e home de negocios.
Traxectoria Natación Participou, con 21 anos nos Xogos Olímpicos de 1912 de Estocolmo e alí gañou a medalla de ouro na proba dos 100 metros libres e mais a de prata na de 4x200 metros libros. Nos Xogos Olímpicos de 1920 de Anveres volveu gañar na proba dos 100 metros libres e ademais tamén en 4x200 metres libres, establecendo unha nova marca mundial. Nos Xogos Olímpicos de 1924 de París, a súa última participación olímpica, gañou a medalla de prata nos 100 metros libres.
Wáter-polo Nos Xogos olímpicos de 1920 participou en wáter-polo, finalizando na sexta posición.
Surf Ao retirarse da competición activa viaxou por todo o mundo para promover o surf, en especial no territorio continental dos Estados Unidos, e mais tamén en Australia, realizando diversas exhibicións deste deporte tradicional de Hawaii.
Filmografía Ano Filme Papel Notas 1925 Adventure Noah Noa The Pony Express Xefe indio No Father to Guide Him Vixilante Lord Jim Tamb Itam 1926 Old Ironsides Capitán pirata Sen acreditar 1927 Hula Rapaz hawaiano Sen acreditar Isle of Sunken Gold The Devil-Ape 1928 Woman Wise Garda 1929 The Rescue Jaffir Where East Is East Trampeiro de animais Sen acreditar 1930 Girl of the Port Kalita Isle of Escape Manua 1931 Around the World with Douglas Fairbanks El mesmo Documental The Black Camel Instrutor de surf 1948 Wake of the Red Witch Ua Nuke 1955 Mister Roberts Xefe nativo (como Duke Kahanamoko) 1957 This Is Your Life El mesmo 1967 Free and Easy El mesmo Documental Surfari El mesmo Documental
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Perfil en Sports-Reference.com
Categoría:Pobo hawaiano Categoría:Actores de Hawai Categoría:Surfistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Honolulu, Hawai Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1968 Categoría:Nadadores olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de wáter-polo dos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos de prata polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1912 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1920 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1924 Categoría:Medallistas olímpicos en natación Categoría:Nadadores nos Xogos Olímpicos de 1912 Categoría:Nadadores nos Xogos Olímpicos de 1920 Categoría:Nadadores nos Xogos Olímpicos de 1924 Categoría:Xogadores de wáter-polo olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de wáter-polo nos Xogos Olímpicos de 1920