Santa Baia de Matalobos é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2009 tiña 302 habitantes (164 mulleres e 138 homes), distribuídos en 6 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 406 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 190 persoas.

Topónimos O topónimo galego Matalobos pode ter dúas orixes: ser un fitónimo referido ao acónito, ou ser o zoónimo lobo unido ao verbo matar, quizais ligado á existencia dun foxo de lobo.

Patrimonio Existiu un vía crucis en Matalobos que hoxe só conta cunha cruz.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Matalobos

Parroquias da Estrada

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares da Estrada

Categoría:Parroquias da Estrada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Baia Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía