Cenni di Pepo (Giovanni) Cimabue, nado en Florencia no ano 1240 e finado en Pisa en 1302, tamén coñecido coma Bencivieni di Pepo ou en italiano moderno Benvenuto di Giuseppe, foi un pintor italiano. Tamén realizou un mosaico na ábsida da catedral de Pisa, coa figura de Xoán Bautista.

Traxectoria Considérano iniciador da escola florentina do Trecento, así coma o derradeiro pintor da tradición bizantina. A arte deste período inclúe escenas e formas que aparecen de xeito relativamente plano e moi estilizado. Cimabue foi un pioneiro do cambio cara ao naturalismo, e as súas figuras tiñan proporcións e sombras máis realistas.

Categoría:Pintores de Italia Categoría:Nados en 1240 Categoría:Finados en 1302 Categoría:Nados en Florencia