San Xurxo de Cereixo é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2012 tiña 184 habitantes (103 mulleres e 81 homes), distribuídos en 10 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 597 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 265 persoas.

Cereixo na cultura popular O San Xurxo de Cereixo é protector da facenda, do gando, e o día do santo os veciños levan á igrexa milleiros de aguilladas para que o santo as bendiga, e ofrécenlle carne, froitos ou diñeiro. Contan que en 1904, un veciño de Guimarei, outra parroquia lindeira, non quixo que a muller lle levara carne ó santo e, aínda máis, xurou que a carne ía comela el e ó santo levaríalle os ósos, gabándose na festa do que dixera. Así o fixo, pero cando volveu a casa atopou os seus porcos mortos, e non puido criar outro nos dez anos seguintes Vicente Risco 1962, 344..

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Cereixo

Parroquias da Estrada

Notas

Véxase tamén Bibliografía

, Vicente: "Cultura espritual", en Historia de Galiza tomo I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777).

Outros artigos Lugares da Estrada

Categoría:Parroquias da Estrada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xurxo