O Gran Premio dos Países Baixos de 1985 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 25 de agosto de 1985 no circuíto de Zandvoort. Foi a décimo primeira carreira da tempada de Fórmula Un de e o 34º e último Gran Premio dos Países Baixos. A carreira disputouse sobre 70 voltas ao circuíto de 4´252 quilómetros para unha distancia total de carreira de 298 quilómetros. Foi a 25º e última vitoria nun Gran Premio do triplo Campión do Mundo Niki Lauda. O compañeiro de equipo de Lauda Alain Prost foi segundo no seu McLaren MP4/2B co piloto brasileiro Ayrton Senna terceiro no seu Lotus 97T.

Tamén foi o último Gran Premio da estrela emerxente o alemá Stefan Bellof, xa que morreu no Circuíto de Spa-Francorchamps nos 1000 quilómetros de Spa da World Sportscar unha semana despois, pilotando un Porsche 956.

Resumo da carreira O Renault de Patrick Tambay, que se clasificou nunha excelente sexta posición, tivo un grande accidente a case 320 km/h na volta de quecemento na mañá do domingo do que saíu magullado pero ileso. Logo de perder a sábado debido a chuvia e tendo que correr cos tanques cheos toda a fin de semana a suspensión dianteira do RE60B rompeuse ao final da recta principal que vai directamente a curva Tarzán. O coche quedou destruído no muro de pneumáticos. Tambay puido comezar no coche de reposto. Tanto el como o seu compañeiro de equipo Derek Warwick tomaron o que se considera unha valente decisión participando malia non saber moi ben o que causara o fallo da suspensión.

Nelson Piquet logrou a súa primeira e única pole position da tempada, cunha media de 215´369 km/h, a primeira para o fabricante de pneumáticos Pirelli. Foi o único bo, xa que o seu Brabham BT54 calouse cando as luces cambian a verde. Por sorte esquivárono os quen estaban detrás del, finalmente foi empurrado e comezou case unha volta atrás. Malia que os empurróns para comezar están en contra das regras, ninguén protestou xa que Piquet terminou no oitavo lugar.

Niki Lauda logrou a última vitoria da súa carreira no seu McLaren MP4/2B. O seu compañeiro de equipo Alain Prost tomou a dianteira no campionato ao finalizar segundo, só 0,232 segundos detrás de Lauda. Os dous alternáronse no liderado durante as últimas doce voltas da carreira. Ayrton Senna continuou o seu ataque de final da tempada polos puntos e terminou terceiro. Completando os puntos quedaron o Ferrari de Michele Alboreto, cuxos tres puntos non foron suficientes para manter a súa vantaxe no campionato, Senna de Lotus foi quinto e Nigel Mansell sexto no seu Williams FW10.

Logo de destruír o seu coche nun accidente na carreira anterior en Austria, esta foi tamén a última vez que Andrea de Cesaris correu nun Ligier. Sería, de feito, a última carreira da tempada do italiano.

Clasificación Cualificación Pos Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza 1 7 Nelson Piquet Brabham-BMW 1:11.074 — 2 6 Keke Rosberg Williams-Honda 1:11.647 +0.573 3 2 Alain Prost McLaren-TAG 1:11.801 1:29.507 +0.727 4 12 Ayrton Senna Lotus-Renault 1:11.837 +0.763 5 19 Teo Fabi Toleman-Hart 1:12.310 +1.236 6 15 Patrick Tambay Renault 1:12.486 +1.412 7 5 Nigel Mansell Williams-Honda 1:12.614 1:32.740 +1.540 8 18 Thierry Boutsen Arrows-BMW 1:12.746 +1.672 9 8 Marc Surer Brabham-BMW 1:12.856 +1.782 10 1 Niki Lauda McLaren-TAG 1:13.059 +1.985 11 11 Elio de Angelis Lotus-Renault 1:13.078 1:30.123 +2.004 12 16 Derek Warwick Renault 1:13.289 +2.215 13 26 Jacques Laffite Ligier-Renault 1:13.435 1:28.393 +2.361 14 17 Gerhard Berger Arrows-BMW 1:13.680 1:34.857 +2.606 15 20 Piercarlo Ghinzani Toleman-Hart 1:13.705 +2.631 16 27 Michele Alboreto Ferrari 1:13.725 +2.651 17 28 Stefan Johansson Ferrari 1:13.768 1:32.544 +2.694 18 25 Andrea de Cesaris Ligier-Renault 1:13.797 1:34.638 +2.723 19 22 Riccardo Patrese Alfa Romeo 1:14.240 +3.166 20 23 Eddie Cheever Alfa Romeo 1:14.912 1:32.572 +3.838 21 3 Martin Brundle Tyrrell-Renault 1:14.920 1:32.003 +3.846 22 4 Stefan Bellof Tyrrell-Renault 1:15.236 +4.162 23 30 Jonathan Palmer Zakspeed 1:16.257 1:34.316 +5.183 24 29 Pierluigi Martini Minardi-Motori Moderni 1:17.919 1:38.227 +6.845 25 10 Philippe Alliot RAM-Hart 1:18.525 1:36.270 +7.451 26 24 Huub Rothengatter Osella-Alfa Romeo 1:19.410 1:38.149 +8.336 NSC 9 Kenny Acheson RAM-Hart 1:20.429 +9.335

Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 1 Niki Lauda McLaren-TAG 70 1:32:29.263 10 9 2 2 Alain Prost McLaren-TAG 70 + 0.232 3 6 3 12 Ayrton Senna Lotus-Renault 70 + 48.491 4 4 4 27 Michele Alboreto Ferrari 70 + 48.837 16 3 5 11 Elio de Angelis Lotus-Renault 69 + 1 volta 11 2 6 5 Nigel Mansell Williams-Honda 69 + 1 volta 7 1 7 3 Martin Brundle Tyrrell-Renault 69 + 1 volta 21 8 7 Nelson Piquet Brabham-BMW 69 + 1 volta 1 9 17 Gerhard Berger Arrows-BMW 68 + 2 voltas 14 10 8 Marc Surer Brabham-BMW 65 Escape 9 NC 24 Huub Rothengatter Osella-Alfa Romeo 56 Non clasificado 26 Ret 18 Thierry Boutsen Arrows-BMW 54 Suspensión 8 Ret 9 Philippe Alliot RAM-Hart 52 Motor 25 Ret 4 Stefan Bellof Tyrrell-Renault 39 Motor 22 Ret 16 Derek Warwick Renault 27 Caixa de cambios 12 Ret 25 Andrea de Cesaris Ligier-Renault 25 Turbo 18 Ret 15 Patrick Tambay Renault 22 Transmisión 6 Ret 6 Keke Rosberg Williams-Honda 20 Motor 2 Ret 19 Teo Fabi Toleman-Hart 18 Coxinete da roda 5 Ret 26 Jacques Laffite Ligier-Renault 17 Eléctrico 13 Ret 30 Jonathan Palmer Zakspeed 13 Presión aceite 23 Ret 20 Piercarlo Ghinzani Toleman-Hart 12 Motor 15 Ret 28 Stefan Johansson Ferrari 9 Motor 17 Ret 29 Pierluigi Martini Minardi-Motori Moderni 1 Accidente 24 Ret 23 Eddie Cheever Alfa Romeo 1 Turbo 20 Ret 22 Riccardo Patrese Alfa Romeo 1 Turbo 19

Líderes por volta Líderes por volta: Keke Rosberg (1–19), Alain Prost (20–33), Niki Lauda (34–70)

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de piloto Pos Piloto Puntos 1 Alain Prost 56 2 Michele Alboreto 53 3 Elio de Angelis 30 4 Ayrton Senna 19 5 Stefan Johansson 19

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Ferrari 75 2 McLaren-TAG 70 3 Lotus-Renault 49 4 Williams-Honda 25 5 Brabham-BMW 15

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de

Véxase tamén

Ligazóns externas Grand Prix Archives Vídeo

Países Baixos Categoría:Gran Premio dos Países Baixos de Fórmula 1