Salvador Rey Rodríguez, nado en Ourense cara a 1927 e finado na mesma cidade o 1 de abril de 1995, foi un médico e político galego.

Traxectoria Durante a República foi militante das Mocedades Galeguistas. Foi fundador da Editorial Galaxia en 1950 e do Partido Socialista Galego (1963). Foi presidente da Sociedad Artística La Troya,El Pueblo Gallego, 9-11-1960, p. 2. e directivo da Asociación Cultural Auriense. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura do PSG ao Congreso pola provincia de Ourense. Pertenceu á directiva da Coral de Ruada. Foi nomeado director provincial do Insalud en 1983.La Voz de Galicia, Ourense, 10-3-1983, p. 26. Morreu en Orense o 1 de abril de 1995 con 67 anos.La Voz de Galicia, 3-4-1995, p. 73.

Vida persoal Casou en Zas con María Mercedes Suárez Mallón o 7 de setembro de 1955,El Ideal gallego, 13-9-1955, p. 5. e foi pai de Salvador e Pedro María Rey Suárez.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Rey Rodríguez, Salvador na GEG

Categoría:Médicos de Galicia

Categoría:Políticos de Galicia

Categoría:Nados en Ourense Categoría:Finados en 1995 Categoría:Nados en 1927 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes