Microstomus pacificus é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos,Microstomus pacificus (Lockington, 1879) no WoRMS. unha das catro que integran o xénero Microstomus,Microstomus Gottsche, 1835 no WoRMS. e que é coñecida en galego como mendo do Pacífico.Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 82.

Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos ten o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.

Taxonomía A especie foi descrita en 1879 polo zoólogo inglés William Neale Lockington, baixo o nome o nome de Glyptocephalus pacificus.

Bioloxía Trátase dun peixe mariño, demersal, oceanódromo, de certa importancia económica, que pode alcanzar até os 76 cm de lonxitude e até os 3,5 kg de peso, aínda que os exemplares capturados roldan os 40 cm, que habita en augas pouco profundas dos mares do Pacífico oriental, en fondos lamacentos a profundidades de entre os 10 e os 1.370 m, e que se distribúe desde o mar de Bering polo norte, até a Baixa California, polo sur.Microstomus pacificus (Lockington, 1879) een FishBase.

Pesca e usos O mendo do Pacífico captúrase, mediante artes de arrastre, en toda a súa área de distribución, nas zonas pesqueiras 67 e 77 (Pacífico nordeste e Pacífico centro leste, respectivamente).

Comercialízase enteiro ou en filetes. Para cociñalo xeralmente quítaselle a pel, xa que é moi vicosa. A súa carne é firme e de sabor suave, aínda que non tanto como a do seu próximo parente o mendo limón (Microstomus kitt), co que garda gran semellanza.Dover Sole (Microstomus pacificus) en Fishchoice Buying Guide.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998): "Monophyly and intrarelationships of the family Pleuronectidae (Pleuronectiformes), with a revised classification". Fish. Bull. 96 (4): 686-726. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos Pleuronectiformes Pleuronéctidos Pleuronectinos Microstomus Micostomus kitt

Ligazóns externas Microstomus pacificus na EOL. Con información, numerosas imaxes, mapas de distibución e referencias Microstomus pacificus na ADW.

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1879 Categoría:Produtos da pesca