miniatura|right|250px|Michele Alboreto gañou a carreira co Ferrari. miniatura|right|250px|Alain Prost rematou segundo, só once segundos detrás.

O Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1 de (oficialmente o Großer Preis von Deutschland) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou en Nürburgring o 4 de agosto de 1985. Foi a novena rolda da tempada de .

Resumo da carreira Este foi o primeiro Gran Premio de Alemaña que se celebrou na nova sección da pista GP-Strecke, a cal substituíu a antiga sección Südschleife que non fora utilizada desde . Tamén foi a primeira vez en nove anos que o GP de Alemaña se celebrou en Nürburgring; previamente o GP de Alemaña disputábase no perigoso e moi longo tramo da pista de Nordschleife ata 1976, a carreira na que Niki Lauda tivo un accidente case fatal no seu Ferrari, o que obrigou ao circo da Fórmula Un a usar o máis seguro, máis curto e máis rápido circuíto de Hockenheimring. O GP-Strecke non sería a sede doutro Gran Premio ata que foi sede do Gran Premio de Europa de 1995, e non sería a sede de novo do Gran Premio de Alemaña ata 2009.

Michele Alboreto gañou a carreira, a súa quinta e última vitoria na F1. Este evento foi a primeira ocasión en que foi utilizada unha cámara a bordo nunha carreira, foi montada no Renault de François Hesnault. Ese coche non era elixible para puntuar no campionato, e esta carreira marcou a última vez, que un equipo de F1 participou con tres coches nunha carreira.

Como era o Gran Premio de Alemaña (e o equipo só tiña 1 coche novo construído) o xefe do equipo Tyrrell, Ken Tyrrell deu este coche o Tyrrell 014 con motor Renault a seu piloto alemán Stefan Bellof para a fin de semana no canto do piloto habitual do vehículo Martin Brundle que pilotou o 012 con motor Cosworth.

Sería o último Gran Premio de Fórmula 1 para Manfred Winkelhock. O alemán morreu pouco despois cando chocou co seu Porsche 962C deportivo nos 1000 quilómetros de Mosport no Canadá só unha semana despois do Gran Premio de Alemaña.

Clasificación

Cualificación

Teo Fabi logrou unha sorpresiva pole position, a primeira da súa carreira, e a única pole para Toleman Motorsport. Este tempo estableceuse durante a sesión de cualificación do venres; durante o sábado choveu e ningún dos pilotos puido mellorar os seus tempos.

Pos Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza 1 19 Teo Fabi Toleman-Hart 1:17.429 — 2 28 Stefan Johansson Ferrari 1:18.616 1:46.919 +1.187 3 2 Alain Prost McLaren-TAG 1:18.725 1:43.088 +1.296 4 6 Keke Rosberg Williams-Honda 1:18.781 1:39.547 +1.352 5 12 Ayrton Senna Lotus-Renault 1:18.792 1:36.471 +1.363 6 7 Nelson Piquet Brabham-BMW 1:18.802 1:49.347 +1.373 7 11 Elio de Angelis Lotus-Renault 1:19.120 1:29.714 +1.691 8 27 Michele Alboreto Ferrari 1:19.194 1:41.490 +1.765 9 22 Riccardo Patrese Alfa Romeo 1:19.338 +1.909 10 5 Nigel Mansell Williams-Honda 1:19.475 1:42.050 +2.046 11 8 Marc Surer Brabham-BMW 1:19.558 1:38.330 +2.129 12 1 Niki Lauda McLaren-TAG 1:19.562 1:44.330 +2.133 13 26 Jacques Laffite Ligier-Renault 1:19.656 +2.227 14 25 Andrea de Cesaris Ligier-Renault 1:19.738 1:39.623 +2.309 15 18 Thierry Boutsen Arrows-BMW 1:19.781 1:54.674 +2.352 16 15 Patrick Tambay Renault 1:19.917 1:33.373 +2.488 17 17 Gerhard Berger Arrows-BMW 1:20.666 1:41.131 +3.237 18 23 Eddie Cheever Alfa Romeo 1:21.074 1:32.376 +3.645 19 3 Stefan Bellof Tyrrell-Renault 1:21.219 14:04.270 +3.790 20 16 Derek Warwick Renault 1:21.237 1:08.604 +3.808 21 10 Philippe Alliot RAM-Hart 1:22.017 +4.588 22 9 Manfred Winkelhock RAM-Hart 1:22.607 1:51.109 +5.178 23 14 François Hesnault Renault 1:23.161 +5.732 24 30 Jonathan Palmer Zakspeed 1:24.217 1:51.833 +6.788 25 24 Huub Rothengatter Osella-Alfa Romeo 1:26.478 +9.049 26 4 Martin Brundle Tyrrell-Ford 1:27.621 1:47.820 +10.192 DNQ 29 Pierluigi Martini Minardi-Motori Moderni 1:40.506 +23.077

Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 27 Michele Alboreto Ferrari 67 1:35:31.337 8 9 2 2 Alain Prost McLaren-TAG 67 + 11.661 3 6 3 26 Jacques Laffite Ligier-Renault 67 + 51.154 13 4 4 18 Thierry Boutsen Arrows-BMW 67 + 55.279 15 3 5 1 Niki Lauda McLaren-TAG 67 + 1:13.972 12 2 6 5 Nigel Mansell Williams-Honda 67 + 1:16.820 10 1 7 17 Gerhard Berger Arrows-BMW 66 + 1 volta 17 8 3 Stefan Bellof Tyrrell-Renault 66 + 1 volta 19 9 28 Stefan Johansson Ferrari 66 + 1 volta 2 10 4 Martin Brundle Tyrrell-Ford 63 + 4 voltas 26 11 29 Pierluigi Martini Minardi-Motori Moderni 62 Motor 27 12 6 Keke Rosberg Williams-Honda 61 Freos 4 Ret 23 Eddie Cheever Alfa Romeo 45 Turbo 18 Ret 11 Elio de Angelis Lotus-Renault 40 Motor 7 Ret 24 Huub Rothengatter Osella-Alfa Romeo 32 Caixa de cambios 25 Ret 19 Teo Fabi Toleman-Hart 29 Embrague 1 Ret 12 Ayrton Senna Lotus-Renault 27 Transmisión 5 Ret 16 Derek Warwick Renault 25 Encendido 20 Ret 7 Nelson Piquet Brabham-BMW 23 Turbo 6 Ret 15 Patrick Tambay Renault 19 Trompo 16 Ret 8 Marc Surer Brabham-BMW 15 Motor 11 Ret 9 Manfred Winkelhock RAM-Hart 8 Motor 22 Ret 22 Riccardo Patrese Alfa Romeo 8 Caixa de cambios 9 Ret 14 François Hesnault Renault 8 Embrague 23 Ret 10 Philippe Alliot RAM-Hart 8 Presión aceite 21 Ret 30 Jonathan Palmer Zakspeed 7 Alternador 24 Ret 25 Andrea de Cesaris Ligier-Renault 0 Colisión 14

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Michele Alboreto 46 2 Alain Prost 41 3 Elio de Angelis 26 4 Keke Rosberg 18 5 Stefan Johansson 16

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Ferrari 65 2 McLaren-TAG 46 3 Lotus-Renault 35 4 Williams-Honda 24 5 Renault 15

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de

Ligazóns externas

Alemaña Categoría:Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1