O observatorio astronómico de Forcarei é un observatorio astronómico situado no concello de Forcarei. Foi fundado no ano 2009 e é propiedade da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura (FC³).

Situación Áchase nun outeiro cunha altitude de 670 msnm no lugar das Casetas, a 3 km de Forcarei na estrada EP-7001 que une Forcarei coa Estrada. Na zona no existen industrias nin grandes vilas, trátase logo dunha zona con moi pouca polución lumínica. Ademais as montañas abeiran o lugar da luz de Santiago de Compostela, A Estrada ou Lalín. O ceo é escuro, transparente e limpo.Páxina do observatorio

Instalacións Trátase dun edificio con dous andares: o inferior de 8 m de diámetro con diversos cuartos e control do telescopio, e o superior cunha cúpula de 5 m que acolle o telescopio principal.

Equipamento miniatura|O edificio polo día.

Telescopio Ritchey Chretien Carbon Trust fabricado por RC Optical Systems

Apertura 20" (50,8 cm.) F/8.1 Distancia focal de 4115 mm. Cámara CCD SBIG STL-11000M con roda portafiltros interna de 5 posicións que inclúen: L (luminance), R (red), G (green), B (blue), C (clear).

Liña de traballo Diversos labores de divulgación científica a todos os niveis. Dende a súa primeira luz desenvólvense tarefas de investigación.

Historia O centro viu a primeira luz o 13 de marzo de 2009 tendo estado en período de proba e axuste final de equipos até inicios de abril do mesmo ano. Anteriormente, e co observatorio aínda en construción, dende o venres 8 ao domingo 10 de agosto de 2008, tivo lugar na súa contorna a primeira edición da Astrofesta Galega - "Astrogalicia 2008" á que acudiron astrónomos de todo o país. Entre outras actividades realizáronse obradoiros e déronse varias conferencias a cargo de poñentes de alto nivel, como José Luis Comellas, Ángel Gómez Roldan, Ángel Huelmo e Ramón Naves.

As primeiras sesións públicas de observación nocturna, co observatorio totalmente operativo realizáronse despois da Semana Santa do mesmo ano da súa apertura,"El observatorio astronómico de Forcarei abrirá al público después de Semana Santa" La Voz de Galicia. concretamente o venres 17 e o sábado 18 de abril de 2009.

Entre os actos que celebraron o ano 2009 como Ano Internacional da Astronomía desenvolveuse, entre o 25 e o 27 de xuño de 2009, o Encontro Astronómico titulado Da teoría á práctica no OAF de 30 horas lectivas. Durante os anos 2009 e 2010 o observatorio continuou coas súas tarefas investigadoras, formativas e divulgativas, en especial a atención de grupos de visitantes, escolares, afeccionados e interesados pola astronomía.

En 2011 o observatorio viuse obrigado a modificar o seu funcionamento sustentándose coa axuda do Concello de Forcarei e dedicándose a labores do padroado que o dirixe e os seus colaboradores. A actividade continúa"O observatorio de Forcarei detecta unha supernova" La Voz de Galicia."El Observatorio de Forcarei fotografía una supernova a 27 millones de años luz" La Voz de Galicia aínda que de xeito reducido e actualmente permanece aberto cun horario limitado.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina Web do observatorio . O observatorio en archive.org da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura Páxina do concello con información do observatorio

Forcarei Categoría:Forcarei