Santa María de Cuntis é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Cuntis, na provincia de Pontevedra. Limita coas parroquias de Arcos de Furcos, Piñeiro, Estacas, Troáns e Cequeril, así como cos concellos de Moraña e A Estrada.
No ano 2009 tiña 2.390 habitantes, o que supuña 245 menos ca en 1986. Segundo o Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz, en 1846 a parroquia contaba cunha poboación de feito de 1.316 persoas.
Historia O territorio da parroquia presenta unha ocupación humana moi antiga, documentada a través de numerosos restos arqueolóxicos, especialmente petróglifos e castros. Destaca especialmente o Castro de Castrolandín, un dos principais xacementos castrexos da comarca, parcialmente escavado e con evidencias de ocupación na Idade do Ferro e en época romana.
A parroquia desenvolveuse historicamente arredor das augas termais de Cuntis, coñecidas xa na antigüidade e que converteron a localidade nun importante centro termal do interior de Galicia.
Patrimonio Na parroquia sitúanse os petróglifos de Cartas e Cartas da Fóra (Cardecide), Outeiro do Forno de Tella, Outeiro de Vales, Costa de Vales, Outeiro Grande, Outeiro do Moucho e Outeiro da Campá, este último situado no polígono industrial.
Entre os xacementos castrexos destacan os castros de Castrolandín, Meira, O Castriño (Xinzo) e Laxos.
Tamén se atopa na parroquia a igrexa de Santa María dos Baños, vinculada historicamente ao desenvolvemento da vila termal.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Cuntis
Parroquias de Cuntis
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cuntis Castro de Castrolandín Cuntis
Categoría:Parroquias de Cuntis Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María