O termo grella pódese referir a:

Grella, obxecto formado por unha serie de barras de ferro para asar carne ou peixe sobre as brasas. O signo gráfico tamén chamado cancelo (#).

Comunicación Grella de programación, secuencia de programas dunha emisora de radio ou televisión, grade.

Automobilismo Grella de saída, espazo marcado no inicio dunha pista de carreiras onde se sitúan os participantes.

Arquitectura Grella, obra que se fai con cadeas de madeira e macizos de cachotaría para construír sobre terreos inseguros ou pantanosos, placa de fundamento, zampeado.

Informática Grella, rexión formada por un conxunto de liñas paralelas e perpendiculares que se entrecruzan.