A Selección de fútbol de San Marino (en italiano: Nazionale di calcio di San Marino) é o equipo de fútbol representativo de San Marino nas competicións internacionais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federacións Sanmarinesa de Fútbol (Federazione Sammarinese Giuoco Calcio), pertencente á UEFA e á FIFA.
Historia O combinado nacional sanmarinés é un dos máis débiles do deporte a nivel mundial, e acostuma a aparecer nos últimos postos da Clasificación mundial da FIFA, ao igual que seleccións como as de Bután ou Anguila. Na actualidade localízase no posto número 210, sendo o último dos equipos clasificados. San Marino é o país menos poboado dos que forman parte da UEFA (sen contar a membresía provisional de Cidade do Vaticano) contando só con 32,000 habitantes. Por iso, a federación ten poucos futbolistas aos que poida recorrer e moitos dos xogadores teñen unha dobre profesión. Ademais, o seu campionato de fútbol está formado por clubs semiprofesionais, e os xogadores que militan noutras ligas proceden habitualmente das divisións inferiores italianas. Desde o seu debut en 1990 até o de agora, San Marino gañou só dous partidos en total. A súa primeira vitoria produciuse nun amigable en 2004, cando derrotou cun solitario tanto de Andy Selva a Liechtenstein, o mesmo equipo contra o que logrou a súa única única vitoria en competición dúas décadas despois, na Liga das Nacións da UEFA en 2024, vencendo de novo por 1-0 e cun gol de Nicko Sensoli.
Resultados Copa do Mundo Fase finalFase de clasificaciónAnoResultadoPosición 1930 a 1990Non participouNon participou 1994Non se clasificou10019246 19988008042 20028017330 2006100010240 2010100010147 2014100010154 2018100010251 2022Por determinarPor determinar 2026Total0/2166026411310
Eurocopa Fase finalFase de clasificaciónAnoResultadoPosición 1960Non participouNon participou 1964 1968 1972 1976 1980 1984 1988 1992Non se clasificou8008133 1996100010236 20008008144 20048008030 2008120012257 2012100010053 201610019136 2020100010151 2024100010331 Total 0/16 86 0 1 85 11 371
Partidos non perdidos
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da Federazione Sammarinese Giuoco Calcio
Categoría:Fútbol en San Marino