SON é un partido político instrumental galego creado no ano 2015 promovido por ANOVA e Esquerda UnidaCase noventa concellos contarán con candidaturas cidadás ou de confluencia. praza.gal, 22/04/2015. para concorrer ás eleccións municipais dese ano en diversas localidades de Galicia.
A súa finalidade foi a de ofrecer soporte legal para aquelas agrupacións políticas municipais que por motivos legais non tivesen posibilidade de presentarse ás eleccións no seu concello. Así mesmo tamén buscaría sumar votos para poder acadar representación nas Deputacións Provinciais«Mareas» y partidos como Anova negocian una coalición para entrar en la Diputación. www.lavozdegalicia.es, 10/04/2015 .
As candidaturas unidas a esta coalición levaron a palabra SON no seu nome, ben como prefixo ou sufixo engadido ao nome do partido político, ou baixo a fórmula "Son de" máis o nome do concello correspondente.
Nas eleccións municipais de 2019 concorreu de novo baixo a marca "Son-En Común".
Resultados obtidos polas candidaturas adscritas Tras as eleccións de maio do ano 2015, as candidaturas coaligadas a SON acadaron as alcaldías de Cangas de Morrazo, Ferrol, Manzaneda, Teo e Val do Dubra, á cal se lle sumou Mugardos tras unha moción de censura en agosto de 2016. A suma de votos recibidos por estas candidaturas foi de 53.205, representando o 3,61% dos votos válidos.
Candidatura Votos % Concelleiros Concello Son de Abegondo-Foro Veciñal 212 6,34% Abegondo Son de Ares 262 7,9% Ares Son de Arteixo-ANOVA 621 4,44% Arteixo Esquerda Unida-SON 680 11,23% Baiona Alternativa para Beariz-SON 70 12,28% Beariz Son de Bergondo-ANOVA 599 16,3% Bergondo Betanzos Novo-SON 1002 14,58% Betanzos Xuntos por Boborás-SON 179 11,42% Boborás Boiro Novo-SON 927 9,71% Boiro Asemblea Cidadá Bueu-SON 342 5,6% Bueu Asemblea Cidadá de Cambre-SON 1271 11,83% Cambre Alternativa Canguesa de Esquerdas-SON 2268 17,14% Cangas de Morrazo Alternativa Veciñal do Carballiño-SON 471 6,06% O Carballiño Son Carballo 188 1,18% Carballo Asemblea Cidadá de Carral-SON 413 12,41% Carral Ferrol en Común-SON 7142 21,98% Ferrol Esquerda Unida-SON 831 14,11% O Grove Esquerda Unida-SON 190 5,68% A Illa de Arousa Fai O Irixo-SON 134 11,87% O Irixo Son D'aquí 176 4,8% Malpica de Bergantiños Son de Manzaneda-ANOVA 485 64,07% Manzaneda Marea Veciñal de Marín-SON 1570 13,06% Marín Esquerda Unida-SON 212 2,07% Monforte de Lemos GañaMos Asemblea Veciñal-SON 1954 22,77% Mos Esquerda Unida-SON 614 20,75% Mugardos Nigrán Decide-SON 880 10,1% Nigrán Son de Oroso-ANOVA 436 10,61% Oroso Son de Pereiro de Aguiar 278 8,06% O Pereiro de Aguiar Son de Trives 182 12,5% A Pobra de Trives Son de Poio 328 3,99% Poio Esquerda Unida-SON 586 5,26% Ponteareas Agrupación Pondaliana Independente-SON Ponteceso 481 13,98% Ponteceso Esquerda Unida-SON 697 6,79% O Porriño Son Redondela 320 2,01% Redondela Rianxo en Común-SON 695 11,04% Rianxo Son de Teo-ANOVA 3651 38,68% Teo Son de Toén-ANOVA 168 10,77% Toén Son de Tui 741 7,88% Tui Son de Val do Dubra-ANOVA 1048 43,2% Val do Dubra Son de Verín 311 4,46% Verín Marea de Vigo-SON 16227 11,5% Vigo Esquerda Unida-SON 2820 15,51% Vilagarcía de Arousa Son Viveiro 543 6,42% Viveiro
En 2019 lograron as alcaldías de Cangas de Morrazo, Mugardos e Teo, se ben perderon a de Mugardos nunha moción de censura en novembro de 2019.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais de 2015 en Galicia
Categoría:Partidos políticos de Galicia