miniatura|Artesa. Unha artesa, tamén denominada maseira, é un moble ou recipiente grande de madeira, xeralmente con catro patas e tampa, máis estreito no fondo que por arriba, no que se amasa o pan.
Amasado do pan 180px|miniatura|Amasando a masa na artesa. Victor Gilbert, Pétrin Gravure, en La République Illustrée, 1886. Empregábase para mesturar a fariña, a auga, o sal e o lévedo, para facer a masa que posteriormente se metería no forno para facer pan. O elemento principal no amasado do pan é o lévedo. Obtíñase a partir da masa anterior. Gardábase un pedazo de masa nunha ola e poñíase a carón do lume, daquela esta fermentaba ou facíase. Ó arrefriar gardábase na artesa. Cando chegaba o día de amasar, tarefa fatigosa, ó mediodía ou pola noitiña, a muller quitaba da ola o lévedo, limpa de codia e balor, depositábaa na artesa engadindo auga e fariña, logo amasábase para finalmente ir ó forno.
Outros usos A mecanización nos obradoiros de panadería e as novas tecnoloxías en fornos de pan relegaron a artesa a un uso decorativo.
Fraseoloxía Refraneiro A que come da artesa, non come da mesa.
Poesía No poema de Rosalía "Miña casiña, meu lar", de Follas Novas.
Atopei fariña munda, Un puñiño a todo dar. Vino no fondo da artesa. Púxenme a Dios alabar.
Recitados Disme que non teño rendas Para manter a muller: Teño fariña na artesa, Amásea se quer comer.
Galería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Pan Broa
Ligazóns externas 20px
Categoría:Mobiliario Categoría:Pans