Pleuronectes putnami é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos,Pleuronectes putnami (Gill, 1864) no WoRMS. unha das tres que integran actualmente o xénero Pleuronectes,<ref>[http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=126120 Pleuronectes Linnaeus, 1758] no WoRMS.</ref> coñecida en galego como solla lisa.Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 82.
É un pequeno peixe plano (de até 30 cm), mariño, demersal, que habita en augas costeiras pouco profundas, temperadas, salgadas e salobres, até os 27 m de profundidade, no noroeste do Atlántico, desde o Quebec (Canadá), até o estado de Rhode Island (Estados Unidos).Pleuronectes putnami (Gill, 1864) en FishBase.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1964 polo ictiólogo estadounidense Theodore Gill, baixo o nome de Euchalarodus putnami. O xénero Euchalarodus (hoxe obsoleto), e a especie E. putnami, foron descritos por Gill nese ano nun traballo publicado nas páxinas 216-221 da revista Proc. Acad. nat. Sci. Philad.Genus Euchalarodus Gill, 1864 en The Taxonomicon.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, e polo orixinario que lle deu Gill, a especie coñécese tamén polos seguintes sinónimos: Limanda putnami (Gill, 1864) Liopsetta putnami (Gill, 1864)
Algunhas autoridades consideran como válido o nome Liopsetta putnami, como a Animal Diversity Web,Liopsetta putnami na ADW, ou Evseenko,Evseenko, S. A. (2004): "Family Pleuronectidae Cuvier 1816. Righteye flounders". Calif. Acad. Sci. Annotated Checklists of Fishes (37): 37. e este nome é o que recollen tamén Lahuerta e Vázquez no seu Vocabulario Multilingüe. pero a maioría dos autores considersan como o actualmente válido o nome Pleuronectes putnami.Pleuronectes putnami no SIIT.
Etimoloxía O nome específico, putnami, é unha homenaxe ao oficial da mariña estadounidense e explorador do ártico Charles Putnam (1854–1882).
Características A solla lisa é un peixe plano de até os 30 cm de lonxitide,Robins, C. R. & G. C. Ray (1986): A field guide to Atlantic coast fishes of North America. Boston, USA: Houghton Mifflin Company. cos dous ollos situados no lado dereito do corpo. A coloración do lado superior, incluíndo as aletas, varía da gris escuro á parda ou case negra, e pode ser uniforme ou salferida con manchas máis escuras da mesma cor; o lado inferior é branco. As escamas das femias son lisas en ambos os lados do corpo, mentres que as dos machos son ásperas na parte superior.Bigelow, Henry B. & Schroeder, William C. (1953): Fishes of the Gulf of Maine, volume 53. Fishery Bulletin 74. Washington: United States Government. Consultado o 25-07-2015.
Bioloxía Hábitat e distribución miniatura|300px|Área de distribución de Pleuronectes putnami.Pleuronectes putnami é un peixe mariño, demersal, que habita en augas costeiras pouco profundas, temperadas, salgadas e salobres, entre os 20 e os 30 m de profundidade, en baías protexidas, e estuarios e desembocaduras dos ríos,Coad, B. W. & J. D. Reist (2004): "Annotated list of the arctic marine fishes of Canada". Can. MS Rep. Fish Aquat. Sci. 2674: iv+112 p.
A súa distribución abarca as costas do noroeste do Atlántico, entre os 60° N e os 41° N, polas provincias do Quebec, Terra Nova e Labrador, Nova Escocia, Illa do Príncipe Eduardo, no Canadá, e os estados de Maine, Nova Hampshire, Massachusetts e Rhode Island, dos Estados Unidos).
Alimentación A dieta da solla lisa consiste sobre todo en organismos zoobentónicos: invertebrados como crustáceos, moluscos e veremes mariños.
Pesca Pleuronectes putnami captúrase na zona de pesca 21 (Atlántico noroeste).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998): "Monophyly and intrarelationships of the family Pleuronectidae (Pleuronectiformes), with a revised classification". Fish. Bull. 96 (4): 686-726. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos Pleuronectiformes Pleuronéctidos Pleuronectes''
Ligazóns externas Pleuronectes putnami na EOL.
Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1864 Categoría:Produtos da pesca