Ezkurra é un concello de Navarra, situado no Meiriñado de Pamplona, na comarca de Malerreka, a 58 km de Pamplona. A súa poboación en 2014 foi de 152 habitantes segundo o INE. É o concello navarro con máis porcentaxe de euscaldunas.
Topónimo Ezkur significa landra en lingua éuscara, polo que ezkurra significaría, literalmente, a landra. Crese que o topónimo fai referencia á abundancia de árbores que daban este froito no lugar onde se situou a poboación. Os naturais da vila de Ezkurra denomínanse ezkurrares.
Xeografía Localización A localidade de Ezkurra fica situada na parte noroeste da Comunidade Foral de Navarra, dentro da rexión xeográfica da Montaña de Navarra, na comarca xeográfica dos Vales Cantábricos, no val de Basaburúa Menor e a unha altitude de 525 msnm. O seu termo municipal ten unha superficie de 23,82 km² e limita ao norte co concello de Goizueta, ao leste co de Eratsun, ao sur co de Basaburua e ao oeste co de Leitza.
Demografía
Política
Lista de alcaldes Mandato Nome do alcalde Partido político2003-2007 Martín Gastearena Balda Idoia 2007-2011 Julián Gogorza Jauregui Idoia 2011- Julián Gogorza Jauregui Idoia
Notas
Categoría:Concellos de Navarra Categoría:Topónimos con etimoloxía