A Phlebotominae é unha subfamilia de dípteros pertencente á familia Psychodidae. Inclúe moitos xéneros de moscas que se alimentan de sangue (hematófagas), algunhas das cales son vectores primarios de enfermidades como a leishmaníase, bartonelose e febre pappataci. No Novo Mundo a leishmaníase é transmitida polas moscas do xénero Lutzomyia, que xeralmente viven en covas, onde os seus principais hóspedes son os morcegos. No Vello Mundo as moscas desta subfamilia que transmiten a leishmaníase son as do xénero Phlebotomus (flebótomos).
As femias dos Phlebotomine (nunca os machos) son as que zugan o sangue de diversos mamíferos, aves e réptiles. Algunhas especies son selectivas, mentres que outras pican a calquera hóspede axeitado que encontren. Algunhas especies poden producir unha posta de ovos antes da súa primeira comida de sangue; ditas femias dise que practican unha reprodución autóxena ou parcialmente autóxena. Outras especies necesitan comer sangue primeiro antes de poder poñer ovos, e dise que practican a reprodución anautóxena. Polo que se sabe actualmente todas as especies necesitan alimentarse de sangue por cada posta de ovos que fan. As proteínas e outros nutrientes do sangue do que se alimentan permiten que a femia produza as proteínas e graxas necesarias para producir ovos despois de esgotar os alimentos almacenados no seu corpo.Braverman, Y. Nematocera (Ceratopogonidae, Psychodidae, Simuliidae and Culicidae) and control methods Rev. sci. tech. Off. int. Epiz., 1994,13(4), 1175-1199 Unha soa alimentación de sangue permite a produción duns 100 ovos. As femias depositan os ovos no solo húmido rico en materia orgánica. Para alimentarse feren a pel do seu hóspede usando as súas pezas bucais para facer que o hóspede empece a sangrar; despois empezan a zugar o sangue, e mentres o fan inxectan compostos químicos que evitan a coagulación do sangue, e outros que estimulan que os mastocitos do hóspede produzan histamina; isto distende os capilares sanguíneos, o que tamén favorece o fluxo de sangue.
As moscas desta familia son pequenas; cun tamaño corporal duns 3 mm de lonxitude na maioría das especies, o que lles axuda a pasaren desapercibidas. A súa picadura non sempre se sente, pero deixa unha pequena marca redonda na pel, que forma un vulto colorado que empeza a proer horas ou días despois. Recoméndase usar un repelente de insectos nas áreas nas que están presentes estas moscas.
Distribución As Phlebotomine viven entre as latitudes de 50°N e 40°S pero están ausentes de Nova Zelandia e as illas do Pacífico.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
CIPA Computer-aided Identification of Phlebotomine sand flies of America Lutzomyia shannoni, a sand fly on the UF / IFAS Featured Creatures Web site
Categoría:Dípteros