Muriel Casals i Couturier, nada en Aviñón (Francia) o 6 de abril de 1945 e finada en Barcelona o 14 de febreiro de 2016, foi unha economista e política catalá.
Traxectoria Foi profesora emérita do Departamento de Economía e de Historia Económica da Universidade Autónoma de Barcelona, da cal foi vicerreitora de Relacións internacionais e Cooperación entre 2002 e 2005. Fixo algunhas estadías en universidades británicas como a Universidade de Edimburgo, a London School of Economics e a Universidade de Gales en Bangor.
Era colaboradora habitual do semanario El Temps e do programa Economia i empresa de Catalunya Informació. Foi membro do consello de administración da Corporació Catalana de Ràdio i Televisió (1983-1988), e membro do Consell Català del Moviment Europeu. Formou parte da xunta do Ateneu Barcelonès (2003-2007).
Dende o ano 2008 era membro da xunta de Òmnium Cultural, e dende o 20 de marzo de 2010 exerceu como presidentaRedacción. «Muriel Casals». Ara [Barcelona], núm 1, 28/11/2010, p.31.. En xullo de 2015 deixou o cargo para presentarse de número tres na lista da coalición independentista Junts pel Sí das eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2015. Foi substituída por Jordi Cuixart á fronte de Òmnium.
O 30 de xaneiro de 2016 sufriu un accidente en Barcelona ao ser atropelada por unha bicicleta. Caeu e sufriu un traumatismo craneoencefálico cun hematoma subdural que requiriu unha drenaxe cirúrxica. Ademais, fracturou a pelve. Foi intervida de urxencia no Hospital Clínic de Barcelona, onde faleceu o 14 de febreiro de 2016.Morre Muriel Casals.
Obra 1992 La indústria a Catalunya. Tèxtil i confecció (en col·laboració amb V. Fabregat, F. Balcells i O. Homs), Departament d'Indústria i Energia de la Generalitat de Cataluña 1994 Crisi i renovació del tèxtil: La diversificació de la base econòmica dins Sabadell: Indústria i Ciutat. 1800-1980, J.M. Benaut, E. Deu, J. Calvet (eds.) Abadía de Montserrat 1999 La cultura, el mercat i la política dins Informe per a la Catalunya del 2000. Societat, Economia, Política, Cultura. Fundació Jaume Bofill. Mediterrànea 2000 Women and Work in Catalonia: Is Catalonia still a working society? dins Networking Europe. Eassys on Regionalism and SocialDemocracy. E Bort e N. Evans (eds.) Liverpool University Press 2007 Solving the "national" problems of Europe dins European Union, the Next Fifty Years (FT-LSE) 2007 Per una Europa Oberta dins Onze de Frankfurt. Institut Ramon Llull
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Blog de Muriel Casals no Òmnium Cultural Entrevista en directe!cat (17 de marzo de 2010) Entrevista en El Periódico (26 de abril de 2010) Entrevista no diario Avui (29 de maio de 2010)
Categoría:Economistas de Cataluña Categoría:Nados en 1945 Categoría:Nados no departamento de Vaucluse Categoría:Personalidades de Cataluña Categoría:Profesores da Universidade Autónoma de Barcelona Categoría:Finados en 2016