Alfredo Llano García, nado na Fonsagrada o 9 de marzo de 1955, é un político galego do PSdeG-PSOE. Traxectoria É profesor de Secundaria. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Burela e foi elixido alcalde co apoio do BNG. En 2011 perdeu a alcaldía en favor do PPdeG. En outubro de 2012 pasou a ser deputado provincial como respresentante do PSdeG-PSOE polo partido xudicial de Mondoñedo, asumindo en xaneiro de 2013 a área de Emprego. Nas municipais de 2015 volveu encabezar a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Burela e recuperou a alcaldía con maioría absoluta. Nas municipais de 2019 revalidou novamente a alcaldía, pero nesta ocasión con maioría simple e gobernando en minoría. Renunciou a presentarse á reelección en 2023, polo que foi substituído pola súa compañeira Carmela López Moreno á fronte da alcaldía. De 2024 a 2025 foi profesor de secundaria e FP no IES Perdouro de Burela ata a súa xubilación nese mesmo ano.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Burela
Ligazóns externas Ficha na web da Deputación de Lugo
Categoría:Alcaldes de Burela Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados na Fonsagrada Categoría:Nados en 1955 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes