Kai Hansen é un guitarrista e vocalista, amais de compositor de heavy metal, nado en Hamburgo (Alemaña o 17 de xaneiro de 1963).

Formou Helloween en 1984 (grupo de Speed Metal) con Michael Weikath, grupo no que tocou até 1988, cando decide abandonar a banda e formar un novo proxecto en solitario, que se plasmaría na formación, en 1988 do grupo de Power Metal Gamma Ray.

Historia Comezou tocando a batería á idade de 10 anos, e non foi até os 12 cando tivo a primeira guitarra nas mans. Logo tomou lección de música clásica durante 6 meses e ó cabo de 2 anos montou o seu primeiro grupo cuns compañeiros. Pouco despois coñeceu a Piet Sielk, e decidiron fundar Gentry, tocando música de Slade, de the Sex Pistols, de Uriah Heep así como temas propios.

Ó cabo dun tempo coñeceron a Ingo e a Markus, cos que fundaron Iron Fist (aínda que nun primeiro momento chamáronse Second Hell).

Foi despois, no servizo militar entre 1982 e 1984 cando coñeceu a Michael Weikath, entrando a tocar en Parefool (a banda de Weikath) até que decidiron refundar Iron Fist con Ingo e Markus. Coñeceron a Limp Schnoor, quen tiña algúns contactos en Noise Records e o resultado foi a gravación do seu primeiro Mini-LP Helloween, e o lanzamento posterior do primeiro álbum de Helloween Walls Of Jericho.

Logo de cimentar o éxito de Helloween e de dar forma a un novo subxénero no metal (o que se denominou Power Metal) cos álbums The Keeper Of The Seven Keys, Part I e The Keeper Of The Seven Keys, Part II, decidiu probar en solitario e formar Gamma Ray, grupo que lidera na actualidade (2006).

Ó longo dos anos mantivo múltiples colaboracións con Sielk, sendo notable a súa participación no proxecto de Sielk Iron Savior.

Discografía Helloween Helloween, (1984) -Mini-LP. Walls Of Jericho, (1985). The Keeper Of The Seven Keys, Part I, (1987). The Keeper Of The Seven Keys, Part II, (1988). Gamma Ray Heading for Tomorrow (1990) Sigh No More (1991) Insanity And Genius (1993) Land Of The Free (1995) Alive '95 (1996) Somewhere Out In Space (1995) The Karaoke Album (1997) (só no Xapón). Power Plant (1999) Blast From The Past (2000) No World Order (2001) Skeletons In The Closet (2003) Majestic (2005)

Categoría:Personalidades do heavy metal Categoría:Músicos de Alemaña Categoría:Guitarristas de Alemaña Categoría:Cantantes de Alemaña Categoría:Compositores de Alemaña Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Hamburgo