Years & Years é un grupo musical inglés de electrónica fundado en Londres. Está formado por Olly Alexander no teclado, polo baixista Mikey Goldsworthy e por Emre Turkmen no sintetizador. A música de Years & Years foi descrita como electropop, mesturando R&B e house da década de 1990, sendo as súas principais influencias Flying Lotus, Diplo, Radiohead e Jai Paul. Conseguiron un grande éxito co seu sinxelo "King", que acadou o número 1 en varias listas musicais.
Orixe A banda formouse en 2010, despois de que o guitarrista Mikey Goldsworthy se trasladase dende Australia ao Reino Unido. Foi alí onde coñeceu o teclista Emre Turkmen. Pouco tempo despois, Olly Alexander uniuse á banda coma vocalista principal, despois de que Goldsworthy lle oíse cantar na ducha e notase que tiña "unha boa voz". Orixinalmente era un grupo de cinco integrantes, con Noel Leeman e Olivier Subria. Non obstante, Leeman deixou a banda en 2013.
Discografía Álbums de estudio Título Detalles Posición UKPeak positions in the United Kingdom: For all except where noted: For "Take Shelter": For "Worship": Communion Lanzamento: 10 de xullo de 2015 Selo: Polydor Records Formatos: CD, LP, descarga dixital —
EPs Título Detalles Traps Lanzamento: 9 de setembro de 2013 Selo: Kitsuné France Real Lanzamento: 17 de febreiro de 2014 Selo: Kitsuné France Take Shelter Lanzamento: agosto de 2014 Selo: Copenhagen Records / Polydor Y & Y Lanzamento: 3 de febreiro de 2015 Selo: Copenhagen Records / Polydor
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de música electrónica Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais formados en 2010