Enrique Cabaleiro González, nado en Tui, é un avogado e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Licenciado en Dereito. É funcionario de prisións.

Foi concelleiro de medio ambiente en Salceda de Caselas polo PSdeG de 2007 a 2011. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura socialista en Tui e logrou 2 concelleiros. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Tui, logrou 3 concelleiros e foi elixido alcalde co apoio de Alternativa Tudense, Son de Tui, BNG, Converxencia 21 e Alternativa Popular de Tui. En outubro de 2017 foi desaloxado da alcaldía por Carlos Vázquez Padín (C 21) logo dunha moción de censura, cos votos do PP, Alternativa Popular de Tui e Cidadáns Tudenses. Nas eleccións municipais de 2019 recuperou a alcaldía ó quedarse o PSdeG a tan só 1 voto de conseguila maioría absoluta, a cal incluso nun principio se lle outorgou. Nas eleccións municipais de 2023, renovou a alcaldía ao conseguir 6 concelleiros e contar co apoio do BNG.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Tui

Ligazóns externas Entrevista en Faro de Vigo

Categoría:Alcaldes de Tui Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes