María González Albert, nada na Rúa en 1977, é unha política galega do BNG.

Traxectoria Natural da Rúa, é licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago de Compostela. Iniciou a súa andaina institucional como concelleira do BNG no Concello de Ourense entre 2003 e 2006.

Foi candidata do BNG na Rúa nas eleccións municipais de 2007 e 2011 aínda que non foi elixida concelleira. En decembro de 2012 entrou como concelleira para substituír a Xaquín Pérez. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura do BNG á alcaldía da Rúa e foi elixida alcaldesa grazas a un pacto de goberno co PSdeG-PSOEDía histórico en A Rúa al investir a su primera alcaldesa, María González Albert, del BNG. En virtude deste pacto de goberno cedeulle a alcaldía ó candidato socialista Luís Fernández Gudiña en xuño de 2017. Nas municipais de 2019 encabezou novamente a candidatura do BNG e pasou á oposición, dado que o PPdeG logrou o goberno grazas á abstención dos independentes do RUA.

Nas autonómicas de 2020 foi a número 3 da candidatura do BNG pola provincia de Ourense e foi elixida deputada do Parlamento de Galicia. En xuño de 2023 presenta a súa renuncia como deputada do Parlamento por incompatibilidade de cargos ao recupera-la alcaldía da Rúa grazas a un pacto co PSdeG-PSOE e o RUA.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Eleccións municipais na Rúa

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes da Rúa Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Nados na Rúa Categoría:Nados en 1977 Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia