O David de Donatello é unha escultura exenta en bronce de 158 cm, realizada contra o ano 1440 (ou no 1430 segundo algúns estudosos) por encarga de Cosme de Medici, que a quería para os xardíns do seu novo pazo de Florencia.Pijoan (1966), páx. 102 Actualmente, atópase no Museo Nacional do Bargello. É unha escultura representativa do Quattrocento italiano, inspirada na época clásica e cunha composición claramente praxiteliana. Aínda que trata un tema bíblico, na escultura pódese ollar a gran semellanza que garda cun heroe da Antigüidade clásica. É a primeira estatua exenta da escultura renacentista que se fixo en bronce totalmente espida.VV.AA. (1984), p. 721

Dende o ano 2007 estase a facer unha restauración da obra para proceder á súa limpeza. Os traballos poden ser seguidos polos visitantes do Bargello mediante un ventanal que mostra a sala onde se efectúan os traballos de mellora.

Contexto A principios do século XV xurdiu en Europa unha sociedade mercantil, coa creación de bancos nas cidades máis prósperas, como París ou Florencia; nesta última, a prosperidade permitiu o ascenso ao poder da familia Médici coa súa conseguinte influencia política; e converteríanse nos grandes mecenas de todas as artes. A pesar de que os artistas continuaban sendo considerados como artesáns, melloraron a súa posición social grazas aos mecenados que procuraban elevar a posición dos seus artistas protexidos a oficios liberais.Sureda, Juan (1988), pp. 18-19 Seguindo as observacións de Leon Battista Alberti: "...o artista neste contexto social non debe ser un simple artesán, senón un intelectual preparado en todas as disciplinas e en todos os terreos".

Ao longo do século XV apareceu en Italia o período denominado coma o quattrocento ou o rinascimento dell'antichità, movemento artístico que evolucionou as técnicas da pintura, especialmente o debuxo. No quattrocento utilizouse a perspectiva como medio para conseguir unha maior exactitude na expresión da realidade dende un determinado punto de vistaCastelfranchi Vegas, Liana (1997), p. 9, e perfeccionouse a técnica ao óleo. A arquitectura inspirouse na arte grega, cunhas liñas máis puras e con canons dunha grande harmonía; igualmente, na escultura, observouse un retorno á imitación da figura clásica, coa anatomía como centro de atención e buscando a perfección do corpo humano. Grandes artistas, como os arquitectos Filippo Brunelleschi e Leon Battista Alberti, os pintores Masaccio, Sandro Botticelli, Filippo Lippi e Piero della Francesca, e os escultores Ghiberti ou Donatello, contribuíron ao esplendor da arte desta época.Sureda, Juan (1988), pp. 10-13

No ano 1436, Brunelleschi rematou a cúpula de Santa María del Fiore, a catedral de Florencia, un dos proxectos arquitectónicos máis importantes da cidade. En 1426 a Adoración dos Magos de Masaccio representou a renovación da pintura da época; as súas figuras perden o xesto grácil da arte gótica e ocupan un espazo verdadeiro dentro das leis da perspectiva lineal e o contraste da cor. En Florencia, esta concepción da arte xa practicábase por Brunelleschi, vinte e catro anos máis novo que Masaccio, e Donatello, co que había unha diferenza de quince anos.Sureda, Juan (1988), pp. 159-160

En 1425, o escultor Ghiberti recibiu o encargo da realización da porta este ou Porta do Paraíso para o baptisterio de San Xoán (Florencia), conseguindo nesta obra unha gran perfección no baixorrelevo. O axudante de Ghiberti foi Donatello.

Detalles biográficos do autor Donato dei Niccolò dei Betto Bardi, nado en Florencia (1386-1466), é o escultor máis representativo da escultura quattrocentista italiana. Discípulo de Ghiberti até que chegou a independendizarse, e protexido de Brunelleschi (con quen estudou as ruínas clásicas de Roma), é un renovador de toda a escultura europea, e sobre todo da técnica do fundido en bronce. Por outra parte, estudou profundamente o ser humano como centro e razón de ser do Universo ao cal trata en toda unha gama de caracteres e valores, intentando penetrar na súa psicoloxía. As súas obras máis sobresaíntes son a Cantoría da Catedral de Florencia, o San Xurxo de Orsanmichele (en Florencia), a estatua ecuestre do Condottiero Gattamelata (en Padua) e o David, encargada por Cosme de Médici que foi colocada no patio do pazo dos Médici ata o ano 1495, cando Piero de Médici foi expulsado da cidade, sendo a estatua trasladada ao patio do Palazzo Vecchio.Volum 7, La Gran Enciclopèdia en català, 2004, Barcelona, Edicions 62 ISBN 84-297-5435-0

Historia Descoñécese cando se realizou e as circunstancias que arrodean á obra, mais do pouco que se sabe é que foi encargada por Cosme de Medici á volta do exilio, cando Donatello adquirira xa fama en Florencia despois da súa formación inicial no taller de Ghiberti. Posibelmente tivera un destino público polo que a súa finalidade sería conmemorativa e simbólica: triunfo da intelixencia e triunfo dos Medici e, seguramente, estaba destinada para o seu novo pazo en Florencia, o que é coñecido como Palacio Medici Riccardi. Porén, a primeira referencia que se ten da obra é en 1469, nunha descrición da voda de Lourenzo, fillo de Piero, con Clarice Orsini e na que se cita que o David estaba sobre unha columna no patio do Palacio Médici.Paoletti e Radke (2002), p. 257Foi encargada por Cosme de Medici,

Donatello viaxou a Roma xunto con Brunelleschi para coñecer as ruínas romanas e se Brunelleschi revolucionou a arquitectura, Donatello fixo o mesmo na escultura tanto nas obras de vulto redondo coma nos relevos onde logrou plasmar a profundidade por medio da técnica do schiacciato, é dicir conseguir a tridimensionalidade diminuíndo paulatinamente o vulto das formas.

Historia de David e Goliat David era fillo de Xesé, da tribo de Xudá. Vivía en Belén co seu pai e os seus irmáns, e pertencía a unha familia humilde que se dedicaba ao pastoreo. Como se relata en Samuel 17:51, os feitos iniciáronse cando o pai o envío onde estaba acampado o exército israelita para que obtivese noticias dos seus tres irmáns máis vellos. Ao chegar ao campamento, David decatouse de que un filisteo moi forte, un xigante chamado Goliat, estaba a desafiar en combate individual calquera inimigo; diante deste guerreiro ningún israelita se atrevía a enfrontarse. A pesar que era moi novo e inexperto na arte da guerra e que Goliat medía dous metros e medio, David rezou a Deus e pediu permiso ao rei Saúl para poder enfrontarse ao gran guerreiro. Lembrou ao rei que cando un león e un oso atacaran ao seu rabaño, fora capaz de matalos co seu tirafonda. Entón o rei deulle permiso para combater co xigante.

Así pois, David dirixiuse cara a onde estaba Goliat. Ía vestido cunha armadura do rei pero por ser demasiado pesada quitouna. Foi ata un torrente onde colleu cinco pedras e chegou ao campo de batalla co tirafonda como única arma. Goliat riuse de David ao velo tan novo, con aspecto delicado e mal armado. Entón o pastor puxo unha pedra no tirafonda e empezou a xirala e ao lanzala foi directamente á fronte do xigante derrubándoo a terra. David rapidamente colleu a espada de Goliat e cortouno a cabeza.

Análise da obra Donatello interpretou este tema bíblico (tomado do Primeiro libro de Samuel) rompendo a tradición e o representa espido coma un heroe clásico; de feito, foi o primeiro nu integral, de vulto redondo, que apareceu na escultura renacentista.

Descrición miniatura|Detalle lateral do David, coa perna moi flexionada. Fai a representación dun nu ponderado, natural, pero moi expresivo debido á firmeza das liñas compositivas xerais. Relátase a vitoria de David sobre Goliat, un xigante filisteo. Donatello mostra un David adolescente, nu, co pé sobre a cabeza de Goliat, que acaba de cortar coa propia espada do seu inimigo e que David aínda a suxeita na súa mandereita. Coa outra man soporta a pedra coa que feriu a Goliat. Ten a expresión serena e cobre a súa cabeza con sombreiro de palla típico da Toscana do que sobresaen as guedellas do pelo; leva tamén unha coroa de follas de amaranto, en clara alusión ao heroísmo grego, e os seus pés están calzados con botas. Na cabeza de Goliat encóntrase un helmo traballado polo miúdo con relevos historiados e adornos vexetais típicos do primeiro Renacemento (chamados «in candelieri»), e onde está representado un baixorrelevo dunha carroza alada por putti.Gilman (2008), p. 61

A composición está moi estudada. A perna dereita dun David adolescente soporta o peso dun corpo lixeiro, mentres que a esquerda apoia sobre a cabeza do xigante derrotado. O ángulo xerado aquí contrarrestarase co brazo esquerdo apoiado na cadeira. O atrevido espido de David —leva só sombreiro e botas de coiro— realza a inclinación das cadeiras e recrea a curva praxitélica (como se mencionou anteriormente), ao tempo que dá movemento e sensualidade á anatomía do pastor. A superficie pulida e case negra do bronce mellora o atractivo do corpo xuvenil. A espada que sostén, a pedra na súa outra man e a súa mirada satisfeita tamén nos dan, a pesar da súa mocidade, unha idea da súa valentía. O Renacemento adoptou os elementos básicos que describira Vitruvio, quen mantiña:

A modelaxe muscular é moi suave, borrosa, case feminina e o acabado que presenta o bronce é completamente liso para simular a suavidade da pel e constitúe un magnífico exemplo de estatuaria de bronce.Ceysson, 1996, p. 32.

Interpretación Mais Donatello non só representa un tema bíblico de gran popularidade e cun aire relixioso, senón que tamén lle imprime un ton mitolóxico e social. Así, David está representado tras a súa vitoria sobre o xigante Goliat, despois de matalo coa súa honda e despois de cortarlle a cabeza, que aparece aos seus pés. A actitude que presenta o corpo, apoiado na perna dereita, mentres a esquerda se presenta lixeiramente dobrada, o que se pode valorar como contrapposto, innovación atribuída ao escultor Policleto.Plinio o Vello, Naturalis Historia (XXXIV, 56). Porén, para outros autores, ese contrapposto estaría moi esaxerado polo que supón unha clara influencia do estilo de Praxíteles, coñecido no mundo da arte como a "curva praxitélica" até o punto de ser denominado o "Praxíteles florentino". En calquera caso, contribúe a romper a lei da frontalidade proporcionando unha movemento máis harmonioso para o corpo.

Representacións de esculturas de David na arte O propio Donatello realizara anteriormente unha escultura de David, encargada para os contrafortes do coro da catedral de Florencia; para o mesmo sitio encargaron outra a Nanni dei Banco na que debía representar a Isaías. Se se comparan ambas as dúas esculturas obsérvase unha flexión do corpo de Isaías que continúa sendo gótica e que parece non ter un eixe central, a do David de Donatello presenta un contrapposto perfecto. Donatello realizouna en mármore cunha altura de 190 cm; a gran meticulosidade do rematado recorda a influencia que adquiriu cando traballou con Ghiberti.Ceysson, Bernard, pp. 28-29