San Salvador de Coiro é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Cangas de Morrazo. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 6.817 habitantes (3.354 homes e 3.463 mulleres) distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 5.822 habitantes.
Patrimonio A parroquia ocupa os vales fluviais do río Bouzos e do seu afluente, o río da Presa. As actividades agrícolas e gandeiras están en declive. No seu tempo foron famosas as festas do Entroido, das que destaca unha celebrada parodia da chegada dun tren. Desa ocasión e xa que as vías estaban instaladas con pouca pericia, vertían para atrás, o tren nunca botou a andar e rodou cara a atrás até acabar no fondo dunha poza. Desde aí, na comarca ouviuse sempre o dito de que "os de Coiro camiñan para atrás".
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Coiro
Parroquias de Cangas de Morrazo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cangas de Morrazo
Categoría:Parroquias de Cangas de Morrazo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador