Paralichthys olivaceus é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos paralictíidos, coñecida en galego como rapante xaponés.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 80.
É un peixe plano mariño propia das augas temperadas do noroeste do océano Pacífico que pode alcanzar máis de 1 m de lonxitude e un peso de 9 kg.Paralichthys olivaceus (Temminck & Schlegel, 1846) en FishBase.
É o peixe plano máis altamente estimado no Xapón.
Taxonomía A especie foi descrita por primeira vez en 1846 polo zoólogo danés Coenraad Jacob Temminck e polo seu colega alemán Hermann Schlegel, que a denominaron Hippoglossus olivaceus.Paralichthys olivaceus (Temminck & Schlegel, 1846) no WoRMS.
Por iso tamén se coñece polo sinónimo de Hippoglossus olivacues Temminck & Schlegel, 1846.
Descrición É un peixe plano de corpo ovalado, deprimido, sinistro (é dicir, cos dous ollos situados no lado esquerdo do corpo), de até 103 cm de lonxitude, e un peso máximo rexistrado de 9,1 kg.Masuda, H. el al. (1984).
A súa columna vertebral está formada por 30 vértebras. A aleta dorsal ten de 77 a 81 raios, e a anal entre 59 e 61.
É unha especie mariña, demersal, oceanódroma,Riede, K. (2004): Global register of migratory species - from global to regional scales. Final Report of the R&D-Projekt 808 05 081. Bonn, Germany: Federal Agency for Nature Conservation. que vive en fondos de entre os 10 e os 200 m de profundidade.Yamada, U., S. Shirai, T. Irie, M. Tokimura, S. Deng, Y. Zheng, C. Li, Y. U. Kim and Y.S. Kim (1995): Names and illustrations of fishes from the East China Sea and the Yellow Sea. Tokyo, Japan: Overseas Fishery Cooperation Foundation.
Distribución Distribúese polo Pacífico occidental, desde os 62° N e 1° N, e os 99° L e 163° L, nas costas do Xapón, Sakhalin, as illas Kuriles, a península de Corea até o mar da China Meridional.
Pesca O rapante xaponés é unha especie comestíbel e moi apreciada gastronomicamente, que é obxecto de activa pesca na súa área de distribución, a zona pesqueira 61, o Pacífico noroeste.
Acuicultura Esta é a especie máis común dos peixes criados en acuicultura en Corea, ademais d cultivarse tamén no Xapón e na China. A cría en catividade comezou a finais dos anos 1980, su a súa produción comercial a grande escala non comezou en Corea até a década de 1990.
No ano 2001 a produción do rapante xaponés, ou oliváceo, en Corea, alcanzou o 56,1 % da produción total de peixes en acuicultura, que nese ano foi dun total de 29 297 t, cun valor de 2 935 billóns de wons surcoreanos.Datos da Korea National Statistical Office (2001). Notas
Véxase tamén
Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5. Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8. Masuda, H.; K. Amaoka, C. Araga, T. Uyeno e T. Yoshino (1984): The fishes of the Japanese Archipelago. Vol. 1. Tokyo, Japan: Tokai University Press. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos Pleuronectiformes Paralictíidos Paralichthys
Ligazóns externas Paralichythys olivaceus na EOL. Paralichythys olivaceus en ADW. Paralichythys olivaceus no NCBI. Olive Flounder Paralichythys olivaceus en Korea-US Aquaculture.
Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Acuicultura Categoría:Animais descritos en 1846 Categoría:Produtos da pesca