Unha Xestur é unha sociedade anónima de ámbito provincial que se encarga da xestión do solo galego. Son dependentes das institucións galegas, de xeito que un 80% do seu capital é xestionado pola Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS); e un 20% do capital pertence ás diferentes deputacións provinciais.

Fundada en 23 de decembro de 2013.

María Teresa Gutiérrez

22.608.259,81 (estimado 2015)

Obxectivos das Xestur As Xestur foron creadas pola Xunta de Galicia coa fin de descentralizar a xestión do solo. Así, existen catro xestures, unha por cada provincia galega.

Os principais obxectivos destes organismos son: Desenvolvemento da actividade urbanizadora, que comprende tanto a promoción e preparación de solo, a renovación ou remodelación urbana, a realización de obras de infraestrutura urbana ou a dotación de servizos para a execución dos plans de ordenación. Xestión e explotación de obras e servizos resultantes da urbanización, no caso de obter a concesión ou rematar o convenio correspondente, conforme ás normas aplicables a cada caso. Construción, arrendamento e alleamento de naves e locais industriais e comerciais. Promoción e preparación de solo empresarial e a súa xestión e venda. Elaboración de estudos urbanísticos, incluída a redacción de plans de ordenación e proxectos de urbanización, así como a iniciativa para a súa tramitación e aprobación.

Notas

Véxase tamén Outros artigos IGAPE Consellería de Vivenda

Categoría:Xunta de Galicia