O Jack Adams Award é outorgado anualmente ao adestrador da National Hockey League (NHL) que foi "considerado que contribuíu máis ao éxito do seu equipo". O premio ao "Adestrador do Ano" foi entregado 39 veces a 34 adestradores distintos. O gañador é seleccionado mediante unha votación da National Hockey League Broadcasters Association ao final da liga regular. Catro adestradores gañaron o trofeo dúas veces, mentres que Pat Burns o gañou en tres ocasións, o maior número de calquera adestrador. O trofeo recibe o seu nome en honor a Jack Adams, un xogador dos Toronto Maple Leafs, Vancouver Canucks e Ottawa Senators introducido no Hall of Fame, e durante moito tempo adestrador e director xeral dos Detroit Red Wings. Foi entregado por primeira vez á conclusión da liga regular da tempada 1973-74.

Jacques Demers é o único adestrador que gañou o trofeo en dúas tempadas consecutivas. Catro adestradores gañaron o trofeo con dous equipos diferentes: Jacques Lemaire, Pat Quinn, e Scotty Bowman o gañaron dúas veces, mentres que Pat Burns é o único adestrador que o gañou en tres ocasións. As franquías con máis gañadores do Jack Adams Award son os Philadelphia Flyers, os Detroit Red Wings e os Phoenix Coyotes con catro gañadores cada un, aínda que os Coyotes teñen dous gañadores pertencentes á súa etapa en Winnipeg, antes de trasladarse a Arizona. Bill Barber, Bruce Boudreau e Ken Hitchcock son os únicos adestradores que conseguiron o trofeo logo de substituír o adestrador que comezara a tempada. Barber substituíu a Craig Ramsay nos Flyers durante a tempada 2000-01, Boudreau substituíu a Glen Hanlon un mes nos Capitals durante a tempada 2007-08, mentres que Hitchcock ocupou o posto de Davis Payne un mes nos Blues na tempada 2011-12. A votación máis axustada tivo lugar na tempada 2005-06, cando o gañador Lindy Ruff superou a Peter Laviolette por un só punto.

Gañadores miniatura|Scotty Bowman, gañador nas tempadas 1976–77 e 1995–96. miniatura|Marc Crawford, gañador na tempada 1994–95. miniatura|Ted Nolan, gañador na tempada 1996–97. miniatura|Lindy Ruff, gañador na tempada 2005–06. miniatura|Dan Bylsma, gañador na tempada 2010–11. +Gañadores do Jack Adams Award Tempada Gañador Equipo Galardóns 1973-74 Fred SheroAdestradores cuxos equipos gañaron a Stanley Cup. Philadelphia Flyers 1 1974-75 Bob Pulford Los Angeles Kings 1 1975-76 Don Cherry Boston Bruins 1 1976-77 Scotty BowmanEquipos que tiveron o mellor rexistro na liga regular (o Presidents' Trophy é entregado ao equipo co mellor rexistro na liga regular dende a tempada 1985–86) Montreal Canadiens 1 1977-78 Bobby Kromm Detroit Red Wings 1 1978-79 Al Arbour New York Islanders 1 1979-80 Pat QuinnAdestradores cuxo equipo perdeu nas finais da Stanley Cup. Philadelphia Flyers 1 1980-81 Red Berenson St. Louis Blues 1 1981-82 Tom Watt Winnipeg Jets 1 1982-83 Orval Tessier Chicago Blackhawks 1 1983-84 Bryan Murray Washington Capitals 1 1984-85 Mike Keenan Philadelphia Flyers 1 1985-86 Glen Sather Edmonton Oilers 1 1986-87 Jacques Demers Detroit Red Wings 1 1987-88 Jacques Demers Detroit Red Wings 2 1988-89 Pat Burns Montreal Canadiens 1 1989-90 Bob Murdoch Winnipeg Jets 1 1990-91 Brian Sutter St. Louis Blues 1 1991-92 Pat Quinn Vancouver Canucks 2 1992-93 Pat Burns Toronto Maple Leafs 2 1993-94 Jacques Lemaire New Jersey Devils 1 1994-95 Marc Crawford Quebec Nordiques 1 1995-96 Scotty Bowman Detroit Red Wings 2 1996-97 Ted Nolan Buffalo Sabres 1 1997-98 Pat Burns Boston Bruins 3 1998-99 Jacques Martin Ottawa Senators 1 1999-00 Joel Quenneville St. Louis Blues 1 2000-01 Bill BarberAdestradores cuxos equipos remprazaron ao adestrador que comezara a tempada. Philadelphia Flyers 1 2001-02 Bob Francis Phoenix Coyotes 1 2002-03 Jacques Lemaire Minnesota Wild 2 2003-04 John Tortorella Tampa Bay Lightning 1 2004-05Non houbo gañador a causa do lockout. — — — 2005-06 Lindy Ruff Buffalo Sabres 1 2006-07 Alain Vigneault Vancouver Canucks 1 2007-08 Bruce Boudreau Washington Capitals 1 2008-09 Claude Julien Boston Bruins 1 2009-10 Dave Tippett Phoenix Coyotes 1 2010-11 Dan Bylsma Pittsburgh Penguins 1 2011-12 Ken Hitchcock St. Louis Blues 1 2012-13 Paul MacLean Ottawa Senators 1 2013-14 Patrick Roy Colorado Avalanche 1

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos Lista de premios da National Hockey League Lista de adestradores da National Hockey League

Ligazóns externas

Categoría:Trofeos e premios da National Hockey League