Un sistema inercial é un sistema de referencia que presenta inercia, isto é: non presenta aceleracións, e daquela, non está a sufrir forzas. Tales sistemas ou están parados (velocidade=0) ou en movemento rectilíneo uniforme. É importante subliñar, que desde esta perspectiva, non pode haber curvas no movemento, pois se as houber, habería unha aceleración e iso contraría a condición imposta para termos un sistema inercial. Este marco clásico ven caracterizado polas transformacións de Galileo.
Características Na teoría da relatividade especial, mantense a definición de sistema inercial, mais coa diferenza de que o tempo non transcorre xa do mesmo xeito nos dous sistemas, non hai xa invarianza na progresión do tempo. Esta é substituída pola invarianza na velocidade da luz, dando lugar á relatividade da simultaneidade. Agora as mudanzas de coordenadas cumpren as transformacións de Lorentz, nas que todo isto queda reflictido. E finalmente, na teoría xeral da relatividade (a día de hoxe a máis rigorosa e aceptada), a diferenza entre sistema inercial e non inercial, e o conseguinte principio de inercia, definidos sobre a base dunha métrica euclídea perden sentido por completo; así vense desprazados por un principio de movemento xeodésico, definido agora con base a unha métrica de Minkowski, polo que os obxectos (e sistemas de referencia) se moven do xeito ditado pola curvatura do espazo-tempo. Deste xeito xa non existen sistemas inerciais, nin ten senso a súa definición.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Transformación de Galileo Leis de Newton Relatividade especial Relatividade xeral Transformación de Lorentz
Categoría:Mecánica clásica Categoría:Relatividade