John Boorman, nado en Shepperton (Middlesex) o 18 de xaneiro de 1933 é un cineasta británico residente en Irlanda.

Traxectoria Boorman comezou a traballar coma tintureiro e xornalista na década de 1950. Formou parte do equipo de noticias da Southern Television en Southampton e Dover antes de pasar a dirección de documentais para a televisión, chegando a ser xefe da unidade de documentais da BBC en Bristol en 1962.

O produtor David Deutsch ofreceulle a realización do filme Catch Us If You Can (1965) sobre o grupo pop Dave Clark Five. O filme non foi un éxito mais logrou algunhas boas críticas. Boorman pasou logo a Hollywood para dirixir A queimarroupa (1967), contando co apoio de Lee Marvin. Tras este filme volveu contar con Marvin e con Toshiro Mifune para Hell in the Pacific (1968), historia sobre dous soldados náufragos nunha illa.

En 1972 conseguiu un grande éxito con Deliverance, adaptado dunha novela de James Dickey. A principios desa década Boorman planeaba filmar unha adaptación de O Señor dos Aneis e intercambiou correspondencia con J. R. R. Tolkien sobre os seus plans. Finalmente a produción resultaría moi cara, mais pódense apreciar algúns elementos en Excalibur.

Esperanza e gloria (1987) é o seu filme máis autobiográfico, contando a historia da súa infancia durante o bombardeo de Londres.

Cando o seu amigo David Lean morreu en 1991, anunciouse que Boorman tomaría a dirección da adaptación de Nostromo, pero o proxecto caeu.

Filmografía AnoFilmeAcreditado comoDirectorGuionistaProdutor 1965 Catch Us If You Can 1967 A queimarroupa 1968 Hell in the Pacific 1970 Leo the Last 1972 Deliverance 1974 Zardoz 1977 Exorcist II: The Heretic 1981 Excalibur 1985 A selva esmeralda 1987 Esperanza e gloria 1990 Where the Heart Is 1995 Beyond Rangoon 1998 The General 2001 The Tailor of Panama 2004 In My Country 2006 The Tiger's Tail 2014 Queen and Country

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Directores de cinema do Reino Unido Categoría:Nados en Middlesex Categoría:Nados en 1933