250px|miniatura|O Hart Memorial Trophy. O Hart Memorial Trophy, orixinalmente coñecido como o Hart Trophy, é outorgado anualmente ao xogador xulgago como o máis valioso para o seu equipo na National Hockey League (NHL). O trofeo foi outorgado 90 veces a 54 xogadores diferentes desde os seus comezos en 1924. Cada ano, membros da Professional Hockey Writers' Association votan para determinar ao xogador que foi máis valioso para o seu equipo durante a liga regular.

Historia left|miniatura|Elmer Lach co trofeo orixinal en 1945. O Hart Memorial Trophy é nomeado en honra do Canadian Dr. David Hart. Dr. Hart, quen doou o trofeo orixinal á NHL, era o pai de Cecil Hart, un antigo adestrador e General Manager dos Montreal Canadiens. O trofeo foi entregado por primeira á conclusión da tempada 1923–24 a a Frank Nighbor dos Ottawa Senators. O Hart Trophy orixinal foi retirado ao Hockey Hall of Fame en 1960, e a NHL empezou a presentar un trofeo novo, que foi bautizado como Hart Memorial Trofeo no seu lugar. Coas excepcións de Tommy Anderson, Al Rollins e Eric Lindros, cada xogador elixible que gañou o Hart Trophy foi introducido no Hall of Fame.

Wayne Gretzky gañou o premio un total de nove veces durante a súa carreira, oito consecutivos. Foi nomeado MVP máis veces que ningún outro xogador na historia das outras tres ligas profesionais norteamericanas importantes (Major League Baseball (MLB), National Basketball Association, e National Football League). Barry Bonds é o segundo, tendo gañado o trofeo ao MVP sete veces na MLB.  Gretzky e o seu compañeiro de equipo nos Edmonton Oilers Mark Messier son os únicos xogadores que gañaron o Hart Trophy con máis dun equipo. Xogadores dos Montreal Canadiens gañaron o premio dezaseis veces; os xogadores dos Boston Bruins son os segundos con doce gañadores, mentres que os xogadores dos Detroit Red Wings e os Edmonton Oilers gañaron o premio nove veces. Joe Thornton converteuse no único gañador do Hart Trophy que ten cambiado de equipo durante a tempada na que gañou o trofeo (fíxoo na tempada 2005-06, tendo xogado nos Bruins e os San Jose Sharks ese ano).  O defensa que máis veces gañou o trofeo é Eddie Shore, con catro. Por contraste, é raro para un porteiro gañar o premio, o cal sucedeu só sete veces na historia; o porteiro dos Buffalo Sabres Dominik Hašek é o único gañador de dous trofeos.

A votación ten lugar ao finalizar a liga regular, e nela participan membros da Professional Hockey Writers' Association (en galego Asociación dos Escritores de Hóckey Profesionais), e cada votante cualifica aos seus cinco primeiros candidatos mediante un sistema de 10-7-5-3-1 puntos. Logo son nomeados tres finalistas e o trofeo é outorgado na cerimonia de Premios da NHL logo dos play-offs. A votación máis axustada para outorgar o Hart Trophy tivo lugar na tempada 2001-02, cando José Théodore e Jarome Iginla empataron no total de votos. O desempate para escoller ao gañador do Hart Trophy mediante o número de votos en primeiro lugar. Théodore gañouno conseguindo 86 primeiros votos por 82 de Iginla.

En 2008, a tenda online oficial da NHL foi criticada despois de que colocaran un anuncio  veu baixo crítica despois de que colocaron un anuncio da camiseta de Alexander Ovechkin como o gañador do premio unha semana antes de que o resultado fora revelado. Un portavoz da liga dixo "nun esforzo para ofrecer aos nosos seguidores o merchandise queren no momento oportuno que segue a un acontecemento como os Premios da NHL, os nosos licenciatarios prepara o produto para todos os resultados posibles. Nesta situación, a ligazón para un dos produtos posibles converteuse en viva cedo por un erro polo noso provedor de comercio electrónico." Ovechkin foi máis tarde confirmado como gañador.

Gañadores right|miniatura|250px|Nels Stewart, gañador do trofeo en dúas ocasións. right|miniatura|250px|Wayne Gretzky, gañador en nove ocasións. right|miniatura|250px|Mario Lemieux, gañador de tres trofeos. right|miniatura|250px|Sergei Fedorov foi o primeiro xogador europeo que gañou o trofeo. Gañouno en dúas ocasións. right|miniatura|250px|Dominik Hašek gañou o premio dúas veces. right|miniatura|250px|Chris Pronger, gañador na tempada 1999-2000. right|miniatura|250px|Joe Sakic, gañador en 2001. right|miniatura|250px|O dúas veces galardoado Sidney Crosby. Lenda C Centro LW Á esquerdaD Defensa RW Á dereita G Porteiro

TempadaGañadorEquipoPosiciónTrofeos 1923–24 Ottawa Senators C 1 1924–25 Hamilton Tigers C 1 1925–26 Montreal Maroons C 1 1926–27 Montreal Canadiens D 1 1927–28 Montreal Canadiens C 1 1928–29 New York Americans G 1 1929–30 Montreal Maroons C 2 1930–31 Montreal Canadiens C 2 1931–32 Montreal Canadiens C 3 1932–33 Boston Bruins D 1 1933–34 Aurèle Joliat Montreal Canadiens LW 1 1934–35 Boston Bruins D 2 1935–36 Boston Bruins D 3 1936–37 Montreal Canadiens D 1 1937–38 Boston Bruins D 4 1938–39 Montreal Canadiens LW 1 1939–40 Detroit Red Wings D 1 1940–41 Boston Bruins C 1 1941–42 Brooklyn Americans D 1 1942–43 Boston Bruins C 2 1943–44 Toronto Maple Leafs D 1 1944–45 Montreal Canadiens C 1 1945–46 Chicago Black Hawks C 1 1946–47 Montreal Canadiens RW 1 1947–48 New York Rangers C 1 1948–49 Detroit Red Wings C 1 1949–50 New York Rangers G 1 1950–51 Boston Bruins C 1 1951–52 Detroit Red Wings RW 1 1952–53 Detroit Red Wings RW 2 1953–54 Chicago Black Hawks G 1 1954–55 Toronto Maple Leafs C 1 1955–56 Montreal Canadiens C 1 1956–57 Detroit Red Wings RW 3 1957–58 Detroit Red Wings RW 4 1958–59 New York Rangers RW 1 1959–60 Detroit Red Wings RW 5 1960–61 Montreal Canadiens RW 1 1961–62 Montreal Canadiens G 1 1962–63 Detroit Red Wings RW 6 1963–64 Montreal Canadiens C 2 1964–65 Chicago Black Hawks LW 1 1965–66 Chicago Black Hawks LW 2 1966–67 Chicago Black Hawks C 1 1967–68 Chicago Black Hawks C 2 1968–69 Boston Bruins C 1 1969–70 Boston Bruins D 1 1970–71 Boston Bruins D 2 1971–72 Boston Bruins D 3 1972–73 Philadelphia Flyers C 1 1973–74 Boston Bruins C 2 1974–75 Philadelphia Flyers C 2 1975–76 Philadelphia Flyers C 3 1976–77 Montreal Canadiens RW 1 1977–78 Montreal Canadiens RW 2 1978–79 New York Islanders C 1 1979–80 Edmonton Oilers C 1 1980–81 Edmonton Oilers C 2 1981–82 Edmonton Oilers C 3 1982–83 Edmonton Oilers C 4 1983–84 Edmonton Oilers C 5 1984–85 Edmonton Oilers C 6 1985–86 Edmonton Oilers C 7 1986–87 Edmonton Oilers C 8 1987–88 Pittsburgh Penguins C 1 1988–89 Los Angeles Kings C 9 1989–90 Edmonton Oilers C 1 1990–91 St. Louis Blues RW 1 1991–92 New York Rangers C 2 1992–93 Pittsburgh Penguins C 2 1993–94 Detroit Red Wings C 1 1994–95 Philadelphia Flyers C 1 1995–96 Pittsburgh Penguins C 3 1996–97 Dominik Hašek Buffalo Sabres G 1 1997–98 Dominik Hašek Buffalo Sabres G 2 1998–99 Jaromír Jágr Pittsburgh Penguins RW 1 1999–2000 St. Louis Blues D 1 2000–01 Colorado Avalanche C 1 2001–02 José Théodore Montreal Canadiens G 1 2002–03 Colorado Avalanche C 1 2003–04 Tampa Bay Lightning RW 1 2004–05O trofeo non foi entregado na tempada 2004-2005 a causa do lockout. 2005–06 Boston Bruins/San Jose Sharks C 1 2006–07 Pittsburgh Penguins C 1 2007–08 Washington Capitals LW 1 2008–09 Washington Capitals LW 2 2009–10 Vancouver Canucks C 1 2010–11 Anaheim Ducks RW 1 2011–12 Pittsburgh Penguins C 1 2012–13 Washington Capitals RW 3 2013–14 Pittsburgh Penguins C 2 2014–15 Montreal Canadiens G 1

Notas

Referencias

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Trofeos e premios da National Hockey League