miniatura|Igrexa de San Miguel de Lillo.

miniatura|Igrexa de Santa María do Naranco. miniatura|Igrexa de Santa Cristina de Ḷḷena.

A arte asturiana ou prerrománico asturiano é un estilo artístico do prerománico, localizado na zona á beira do mar Cantábrico que quedou libre da ocupación musulmá a finais do século VIII. Estivo vixente até o comezo do século X, cando se adoptou a arte románica procedente de Francia. Aínda que é sucesor do estilo visigótico, non se pode dicir que a arte asturiana sexa herdeira lexítima súa, xa que non conserva máis que algún dos seus elementos principais como é o arco de ferradura. Malia que ó comezo foi unha imitación da devandita arte, axiña se manifestou con novos e orixinais elementos –poida que importados do Oriente ou da Lombardía– que o salientaron de xeito singular, converténdose nunha precursora do románico. A arquitectura caracterízase polo emprego de muros de perpiaño, arcos de medio punto, bóvedas de canón con contrafortes exteriores. A tipoloxía principal é a da planta basilical de tres naves con crueceiro e tres capelas rectangulares á cabeceira. No período preramirense destaca a igrexa de San Xián dos Prados, ó ramirense a de Santa María do Naranco e á postramirense a da igrexa de San Salvador de Valdediós. miniatura|Igrexa de San Xián dos Prados, Oviedo.

Foi un tipo de arte na que destacou a arquitectura por enriba de todo. Da escultura só quedan mostras das decoracións de capiteis e algunhas placas acaroadas na construción dos edificios; as pinturas son as feitas ó fresco nos muros dos templos. A ourivaría foi importante, tendo en conta a cantidade de pezas que chegaron até os nosos días.

En 1985 a UNESCO declarou o conxunto das igrexas do Reino de Asturias como Patrimonio cultural.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Arte románica en Asturias Arte galega

Ligazóns externas Prerrománico Asturiano. El arte de la Monarquía Asturiana Mirabilia Ovetensia: fitchas, reconstrucións e paseos virtuais dos monumentos alto-medievais de Oviedo

Categoría:Arte asturiana Categoría:Patrimonio da Humanidade en Asturias