Santo Adrián de Vilariño é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cambados. Segundo datos do IGE, tiña 2.146 habitantes no ano 2025, dos que 1.124 eran mulleres e 1.022 homes, o que representa un descenso respecto ós anos 2016, cando tiña 2.183 veciños, e 2010, cando eran 2.264.
Xeografía Ten dezaseis entidades de poboación.
A altitude media da parroquia é de 25 m e o pico máis elevado é o Con das Sete Pías, que ten 96 m. Santo Antón é o núcleo de poboación máis elevado con 60 m de media.
O río que pasa por Vilariño é o Umia.
Patrimonio Capela de Santo Antón de Vilariño
Vilariño na literatura popular As nenas de Vilariño,/ non é unha que son todas,/ levan tres pares de medias/ pra facer as pernas gordas Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 193. Non se pode asegurar que a cantiga se refira ó Vilariño de Cambados, pero cabe supoñelo porque o cantigueiro recolle coplas de toda a ría de Arousa.. Eu pasei por Vilariño,/ por Vilariño cantando,/ as mozas de Vilariño/ quedan no río lavando Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 175..
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Vilariño
Parroquias de Cambados
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cambados
Categoría:Parroquias de Cambados Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Adrián