Carmen Lamas Pérez, coñecida como Menchu Lamas, nada en Vigo o 7 de xullo de 1954, é unha pintora galega.

Traxectoria Estudou Deseño Gráfico na Institución Artística de Ensinanza de Madrid. Iniciou a súa traxectoria co Colectivo da Imaxe, con Carlos Berride, Antón Patiño e Jorge Agra. Estreou exposición nas colectivas da praza da Princesa de Vigo en 1974 e entrou en contacto co Grupo Rompente, co que colaborou na maqueta dos poemarios. Foi cofundadora do Grupo Atlántica en 1980, con Antón Patiño, Ánxel Huete, Guillerme Monroy e Román Pereiro. En 1982 fixo a súa primeira mostra individual na galería Buades de Madrid.

A súa obra evolucionou dende a primixenia iconografía de raíz autóctona e cromatismo forte cara a unha sintetización que dota a superficie pictórica dunha orde construtiva na que se axustan formas e/ou siluetas a xeito de signos, emparentadas coas culturas exóticas e primitivas. Tecnicamente usa os grandes formatos e a brochada. Os seus cadros están presentes no Museo de Arte Contemporánea de Madrid e nos museos galegos.

No ano 2018 é nomeada académica numeraria da Real Academia Galega de Belas Artes na sección de pintura e gravado. Premios miniatura|Na presentación de Que hostia din os rumorosos? (Rompente) da Libraría Miranda en Bueu. Libro no que colaborou con ilustracións.

Foi Premio Cultura Galega das Artes Plásticas en 2010. En novembro de 2021 recibiu o Premio Otero Pedrayo con Rosario Álvarez Blanco.

Vida persoal Casou co pintor Antón Patiño Pérez. O seu fillo é o cineasta Lois Patiño.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Artigo LAMAS, Menchu en GEG.

Ligazóns externas

Menchu Lamas no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Premios da Cultura Galega Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1954 Categoría:Membros da Real Academia Galega de Belas Artes Categoría:Vigueses distinguidos