Santa Mariña de Carracedo é unha parroquia que se localiza ao norte do concello de Caldas de Reis. Segundo o padrón municipal de 2015 tiña 799 habitantes (383 homes e 416 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 983 habitantes.
Está atravesada pola estrada N-550 e mais polo Camiño portugués.
En 2014 comezouse a editar o boletín parroquial de carácter semestral Carracedo Fala.
Lugares e parroquias Lugares de Carracedo
Parroquias de Caldas de Reis
Categoría:Parroquias de Caldas de Reis Categoría:Localidades do Camiño Portugués Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Mariña