A ponte de Gundián, tamén coñecida como viaduto de Gundián, é unha ponte que salva o paso do río Ulla, na antiga liña ferroviaria entre Ourense e Santiago de Compostela.

Situado á altura do lugar de Gundián, na parroquia da Ponte Ulla (Vedra), na parte coruñesa, e a parroquia de San Miguel de Castro (A Estrada), na banda pontevedresa.

Álzase sobre dous afloramentos de rochas cuarcíticas, nunha paraxe de gran beleza que recibe o nome de Paso da Cova.

Características

Construído en pedra (sobre unha armazón de ferro), alcanza unha lonxitude de 219 m, elevándose 86 m sobre o río Ulla. O arco central da ponte está a unha cota de 133 m, que supón unha altura de 78 m sobre o leito do río.

Historia miniatura|504x504px|Ponte de Gundián.

O trazado ferroviario Zamora-A Coruña foi unha das obras civís máis salientábeis do século XX en Galicia. Dentro deste trazado o paso do río Ulla destaca pola peculiaridade do terreo e as dificultades que presentaba a construción dun viaduto. Situado no chamado Paso da Cova, que xorde ao cortarse a aba do Pico Sacro para dar paso ao río, formándose así un estreitamento entre dúas paredes duns 50 m de caída vertical,Mirador de Gundián en Casa rural Galicia. Blogdiario.com o que converte a ponte de Gundián nun dos emblemas de toda a vía.

Proxecto En tempos da ditadura de Primo de Rivera no ano 1928, redáctase o primeiro proxecto para o trazado, obra de Casimiro Juanes Díaz-Santos. Pero o viaduto non foi unha realidade até 30 anos despois, tras episodios intermedios como a redacción dun proxecto reformado, que realizaron Antonio Gáscue Echevarria e Gabriel de Venido Angulo en 1935, o informe a principios do ano seguinte do enxeñeiro xefe da Xefatura de Ferrocarrís do Noroeste. O proxecto reformado non se aproba ata 1939, pasada a guerra civil. Novas medicións in situ fan variar o perfil do terreo aproximándose ao real. Na memoria descríbese:

Destaca o empeño pola integración paisaxística da ponte; diferentes factores do proxecto xustifícanse ou sométense a xuízo en favor da integración co contorno.

Construción

O seu construtor foi Ricardo Barredo de Valenuela, enxeñeiro de prestixio internacional,Cemento en Cerdedelo en La Región, Ourense, 18 de novembro de 2008. home ligado á figura de Eduardo Torroja.Viaducto de Gundián en IkiMap. Abandonado o proxecto durante a guerra civil, ao seu termo o enxeñeiro xefe dos FF.CC. do NO emite o seu ditame favorábel para a construción da ponte, aprobándose un orzamento de 1.037.035 pesetas para levantar a que sería unha das pontes máis fermosas de Galicia.

A ponte tardou en construírse 12 anos, de 1945 a 1956, aínda que entre 1949 e 1951 as obras estiveron paradas porque os obreiros foron destinados a outros puntos da liña onde obra ía máis atrasada.

Traballouse arreo, sen festivos nin paros, en dúas quendas, de 4 a 14 horas e de 14 a 22 e, en ocasións, coa axuda de farois; nalgúns momentos chegou a intervir unha terceira quenda. El puente de Gundián sobre el Ulla cumple medio siglo en Líneas. La revista de Adif, 10 de outubro de 2008. Construíuse tamén unha pasarela provisional que permitía cruzar o río.

En 1945 iníciase a construción do túnel; primeiro nivelouse o terreo e posteriormente iniciouse a armazón de ferro até completar o arco central. Soldadores especializados ían construíndo pezas de dous ou tres metros, que posteriormente servían para facer o encofrado, desde estadais colgantes, o que era un labor moi difícil e perigoso, xa que, coas escasas medidas de seguridade da época, estaban pendurados a máis de 80 m do chan. Para cruzar o río usaban unhas longas varas, especie de xavelinas. En maio de 1955 colocouse a cimbra metálica do arco central e, un ano despois, quedaron unidos os dous lados do viaduto, que sería inaugurado en setembro de 1958.

A nova ponte miniatura|Ponte de Gundián O ministerio de Fomento, a través da entidade Adif, comezou a execución dun novo viaduto do Ulla, unha das construcións incluídas no subtramo Silleda (Dornelas)-Vedra-Boqueixón, do eixe Ourense-Santiago de Compostela do Corredor norte-noroeste de alta velocidade, que forma parte da L.A.V. Olmedo - Zamora - Galicia.Fomento comeza a execución do arco central do Viaduto do Ulla no eixo Ourense-Santiago de Alta Velocidad en Qué!, 12 de maio de 2009.

A nova ponte, que arranca a tan só 130 m da ponte de Gundián, construíuse no ano 2008. Trátase dunha estrutura singular de máis de 1 km de lonxitude, que está considerada de interese arquitectónico en España. A singularidade desta obra e a complexidade e orixinalidade da súa construción, fixo que o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia lle outorgara en 2001 o Premio San Telmo, co que este colectivo distingue a obra civil máis representativa en Galicia realizada durante o ano anterior ao da súa convocatoria.Premios San Telmo anos 2009 e 2011 .

Valores paisaxísticos e deportivos A súa elegante estética, e a súa situación, converten este viaduto nun referente da comarca, e en centro de atención permanente de fotógrafos e sendeiristas.

Para os sendeiristas, habituais na zona, o viaduto é un atractivo máis nesta paraxe de gran beleza, nunha natureza pouco explotada, cun desfiladeiro de cuarcitas por cuxo fondo discorre un dos ríos máis longos e caudalosos de Galicia. Desde o miradoiro de Gundián, a carón da ponte, comeza unha ruta de sendeirismo que vai paralela ao río Ulla, duns 15 km, no curso da cal existen varias áreas recreativas e un muíño restaurado.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos San Xoán da Cova Viaduto do Ulla (eixe atlántico de alta velocidade)

Ligazóns externas

Viaduto de Gundián en IkiMap. Línea Zamora-Orense-La Coruña en Asociación Ferroviaria Zamorana . PR-G36 Sendeiro de San Xoán da Cova en Turgalicia. Xunta de Galicia. Senderismo: PR-G 36 Sendeiro de San Xoán da Cova en Turismo por Galicia .

Gundián Categoría:A Estrada Categoría:Vedra Categoría:Viadutos Categoría:Ferrocarril en Galicia Categoría:Río Ulla